AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe á CE que as artes menores sexan prioritarias no reparto da cota da xarda

26 Outubro, 2017 artes menores, cota, GUE/NGL, Lidia Senra, pesca, TAC, xarda
  • A eurodeputada sinala a preocupación do sector artesanal galego ante a baixada dun 20% nas posibilidades de captura desta especie para 2018
  • Senra alerta de que a supervivencia da frota de baixura está seriamente ameazada e con ela as economías locais das vilas mariñeiras galegas 

Estrasburgo, 26 de Outubro de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), alerta de que a baixada dun 20% das posibilidades de pesca da xarda para o 2018 no Atlántico Nororiental suporá “unha seria ameaza para superviviencia da frota de artes menores galega que pesca esta especie nas costas do Atlántico e do Cantábrico”.  Esta baixada é froito do acordo asinado o pasado 11 de outubro en Londres pola UE, Noruega e as Illas Feroe para a xestión da xarda e, malia que aínda está pendente o reparto da cota entre as frotas de cada Estado Membro, “comprobamos que a frota artesanal sae ano tras ano mal parada dunha distribución que beneficia ás frotas máis grandes”, lamentou a eurodeputada.

“Cun 20% menos de posibilidades totais de pesca para a xarda e tendo en conta que a frota de artes menores galega recibe moita menos cota para o caladoiro do Cantábrico malia ter máis barcos que o País Vasco, que mensaxe de futuro se lle está enviando ao sector artesanal?”, pregúntase a eurodeputada. “As artes menores teñen que ser prioritarias no reparto da cota da xarda, porque esta especie é vital para a súa supervivencia económica.  Se baixan os totais admisibles de capturas (TACs) un 20% esa baixada non pode pagala a pesca artesanal”, considera a eurodeputada. 

Senra lembra que o Artigo 17 do regulamento da Política Pesqueira Común (PPC) establece que para asignar as posibilidades de pesca os Estados membros teñen que aplicar “criterios transparentes e obxectivos, entre outros, o impacto da pesca no medio ambiente, a contribución na economía local, así como incentivar aos buques que usen artes de pesca selectivas”. Estas condicións cúmpreassobradamente a pesca artesanal galega, sen embargo, “á hora de verdade as cotas estanse a repartir conforme a un criterio tan inxusto como os dereitos históricos, beneficiando ás grandes flotas industriais e ameazando a supervivencia das familias que viven da pesca e o futuro das comarcas costeiras do País”, criticou Senra. “E urxente traballar en propostas específicas para a pesca artesanal, de pequena escala e a pesca de baixo impacto, porque aplicarlle unha PPC diseñada a medida das grandes flotas solo trae como consecuencia a súa desaparición.”

Para a eurodeputada, o modelo actual de asignación de TACs e cotas non fai máis que consolidar “un modelo insostible que compromete o relevo xeracional e, polo tanto, o futuro do sector”, como xa defendeu en Bruxelas a principios deste ano no transcurso dunha xornada sobre as desigualdades na pesca e o impacto dos superarrastreiros e as pesquerías industriais no sector artesanal e de baixuraorganizada polo GUE/NGL, grupo político no que está integrada no Parlamento Europeo.

Á preocupación polo futuro reparto da cota de xarda para as artes menores súmase agora a incerteza á que se enfronta esta frota e, nomeadamente, o xeito,  ante a recomendación do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES ) de que a sardiña ibérica xestionada polos estados español e portugués teña en 2018 “cota cero”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies