AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A UE confirma que o Estado español debe actuar contra o delito de apoloxía do franquismo

26 Outubro, 2017 apoloxía, Comisión Europea, franquismo, Fundación Nacional Francisco Franco, GUE/NGL, Lidia Senra, Pazo de Meirás
  • Resposta á denuncia de Lídia Senra en relación á actitude da Fundación Franco de ensalzar a “grandeza” do ditador no Pazo de Meirás 
  • A eurodeputada galega critica a actitude cómplice do Goberno estatal e da Xunta ao eludir as responsabilidades na persecución deste delito 

Estrasburgo, 26 de outubro de 2017.  A Comisión Europea vén de respostar á denuncia realizada a finais do verán pola eurodeputada Lídia Senra en relación ás declaracións públicas efectuadas pola Fundación Francisco Franco nas que aseguraba que ser a responsable de xestionar as visitas guiadas ao Pazo de Meirás era para ela “unha honra e unha excelente oportunidade para mostrar ao gran público a grandeza da figura” do ditador. No escrito emitido esta semana, a CE aclara e lembra que a Decisión Marco da UE relativa á loita contra o racismo e a xenofobia (2008/913/JAI) obriga aos Estados membro a tipificar como delito a apoloxía pública dos crimes de guerra. 

Ademais, especifica a CE, é competencia das autoridades do Estado investigar, procesar e xulgar os casos individuais de delitos de incitación ao odio, como ben puidera ser o caso da actitude da Fundación Franco, non só polas declaracións públicas que ven realizando, senón tamén por estar beneficiándose economicamente da xestión dun Ben de Interese Cultural (BIC) como é o Pazo de Meirás, que non só foi regalado a Franco durante a Ditadura a través de ‘doazóns’ forzosas que tivo que facer o pobo, senón que ademais agora está a servir para financiar aos defensores da mesma.

“O Goberno do Estado e a Xunta de Galicia non poden seguir eludindo a súa responsabilidade. Ca súa permisividade están sendo cómplices da apoloxía do franquismo que está a facer a Fundación”, declarou hoxe a eurodeputada galega. Para Senra, a actitude mantida por ambas administracións “evidencia a súa falta de compromiso na defensa dos dereitos humanos e a falta total de respecto cara as víctimas do franquismo”. É por iso que reclamou que a Fundación Francisco Franco deixe de ser inmediatamente a responsable de xestionar as visitas do Pazo de Meirás e tamén que a familia Franco devolva estas propiedades ao patrimonio público, xa que leva anos incumprindo a lei.

Así, Senra lembra que o Pazo de Meirás foi declarado BIC no ano 2011, o que obriga aos seus propietarios a abrir ao público o complexo catro veces por mes como mínimo, algo que a familia Franco non cumpriu. “Se a isto lle engadimos que a responsable de organizar as visitas é a propia Fundación Francisco Franco, o delito de apoloxía do franquismo é claro e nisto a resposta da CE non ten dúbidas, polo tanto, o Estado e a Xunta deben mover ficha xa e forzar que tanto á familia Franco como á Fundación deixen de ter responsabilidade sobre o Pazo de Meirás”, reclama a eurodeputada. 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies