AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019

 

  • A eurodeputada reuniuse esta mañá con unha das responsábeis da redacción da proposta do novo Regulamento de Control da Pesca da CE
  • Senra é poñente alternativa en representación do GUE/NGL no informe que está elaborando a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo

Cordier-Senra&teams_290119

Bruxelas, 29 de Xaneiro de 2019. A deputada Lídia Senra, representante do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE), mantivo na mañá de hoxe un encontro con Laurence Cordier, asesora legal da Unidade de Control da Pesca e Inspeccións da Comisión Europea,  co obxectivo de intercambiar opinións ao respecto da proposta de modificación do Regulamento de Control da Pesca presentado pola CE e trasladarlle a súa opinión ao respecto.

Actualmente, as medidas polas que se establece o Réxime de Control da Pesca (RCP) da Unión Europea para garantir o cumprimento das normas da PPC están recollidas en catro actos lexislativos distintos: o Regulamento de control da pesca; o Regulamento polo que se crea a Axencia Europea de Control da Pesca (AECP); o Regulamento polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (Regulamento INDNR) e o Regulamento sobre a xestión sostíbel das flotas pesqueiras exteriores. A proposta da CE sobre a que está a traballar arestora o PE  ten por obxecto revisar o RCP, a excepción do Regulamento sobre a xestión sostíbel das flotas pesqueiras exteriores, revisado recentemente. O informe elaborado pola Comisión de Pesca do PE, vinculado á proposta de modificación do Regulamento de control da pesca realizada pola Comisión -neste caso emendas ao Regulamento-, será previsibelmente votado polo pleno do Parlamento Europeo do mes de abril, e xa o vindeiro 5 de febreiro remata o prazo de achega de emendas

Senra, que é precisamente a responsábel para o GUE/NGL do seguimento do informe da Comisión de Pesca da Eurocámara, explicou hoxe á representante da CE que a proposta de Regulamento sobre o que se está a traballar “non está adaptado en absoluto á pesca artesanal. Entre outros aspectos, que presentaremos como emendas ao texto, a aplicación das medidas técnicas tal e como están recollidas a día de hoxe na proposta de modificación do Regulamento conlevan  inda unha maior burocratización, moi dificilmente asumíbel polos barcos pequenos. Ese é o caso tamén de certas incorporacións tecnolóxicas”.

 “A conclusión é clara. Só hai dúas opcións: ou retirar a pesca artesanal desta proposta de modificación do Regulamento de Control ou incluír nel medidas específicas, traballadas co sector, que teñan en conta a realidade da pesca artesanal. Porque, tal e como está a día de hoxe a proposta de modificación do Regulamento, so poderiamos apoialo se a pesca artesanal e de pequena escala quedan excluídas da súa aplicación”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies