AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra, entre o grupo de eurodeputadas/os expulsado do Sáhara Occidental ocupado por Marrocos

27 Outubro, 2017 dereitos humanos

 

  • Forma parte da delegación de cinco eurodeputadas/os que pretendían reunirse ca sociedade civil esta fin de semana no Sáhara Occidental
  • O obxectivo era compartir opinións e recabar información a fin de coñecer mellor a situación da poboación nos Territorios Ocupados

El Aaiún, 27 de Outubro de 2017. Fai aproximadamente unha hora as autoridades marroquís negáronlles a entrada a El Aaiún, capital do territorio ocupado do Sáhara Occidental, a cinco membros do Parlamento Europeo, entre os que viaxaba a galega Lídia Senra. Todas/os elas/es forman parte do Intergrupo do Parlamento Europeo para o Sáhara Occidental e programaran para esta fin de semana reunións coas partes interesadas da sociedade civil en El Aaiún. “Marrocos non quere ningunha testemuña da  continua violación que está a facer dos dereitos humanos do pobo saharaui nos Territorios Ocupados. Non quere testemuñas dos seus crimes”, criticou a eurodeputada galega, “unha das cuestións das que precisamente queriamos obter máis información  era sobre o feminicidio dunha moza saharaui asasinada por colonos marroquís fai apenas un par de semanas”.

 

Senra_Lopez_Valero_Juaristi e Guteland-271017
Lídia Senra (GUE/NGL), Paloma López (GUE/NGL), Bodil Valero (Verdes/ALE), Josu Juaristi (GUE/NGL) e Jytte Guteland (S&D) tras serlles comunicada a súa expulsión do Sáhara Occidentl por parte do Goberno de Marrocos

Esta visita fora tamén valorada como especialmente importante polo conxunto desta delegación de parlamentarias/os por producirse precisamente nun momento no que a Comisión Europea está a negociar a modificación do Protocolo de Asociación entre Marrocos e a UE logo da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) o pasado decembro de 2016. Na súa sentenza, o TXUE reiterou que o Sáhara Occidental e Marrocos son dous territorios distintos e que ningún acordo internacional pode ser aplicado no primeiro sen o consentimento do pobo saharauí. A Eurocámara terá que votar este novo Protocolo no pleno do Parlamento Europeo nos vindeiros meses, polo que a visita ao Sáhara Occidental e os contactos ca sociedade civil resultaban esenciais para poder coñecer de primeira man a situación nos Territorios Ocupados.

Esta misión tiña tamén como obxectivo manter xuntanzas con colectivos de defensores de dereitos humanos, activistas saharauís e familiares dos presos políticos, tanto dos dazasete universitarios presos -coñecidos como “os compañeiros de El Ouali”, estudante asasinado por autoridades marroquís no ano 2016-  como dos campamentos Gdeim Izik que foron dispersados polas autoridades marroquíes a centos de kilómetros das súas familias, como ten denunciado recentemente a propia Lídia Senra. “Son presos civís, Marrocos está vulnerando a Convección de Xenebra ao dispersar a estas persoas fora do territorio non autónomo do Sáhara Occidental”, recalcou hoxe a eurodeputada galega.

“Denunciamos o silencio da comunidade internacional con respecto aos crimes que está a cometer o Goberno de Marrocos, e especialmente de Estados que teñen moito que ver nesta situación, como o propio Estado español e Francia”, incidiu Senra en alusión á actitude de bloqueo que neste momento  está a ter Francia no Consello de Seguridade da ONU para evitar a ampliación do mandato da MINURSO (Misión das Nacións Unidas para o referendo do Sáhara Occidental) ao monitoreo da situación dos dereitos humanos.

De feito, a propia delegación de eurodeputadas/os tiña solicitado unha xuntanza ca MINURSO, organismo co que tamén foi crítica Lídia Senra: “é inadmisíbel que logo de tantos anos non so non teña organizado inda o referendo do pobo saharauí, que é o obxectivo esencial da súa misión neste territorio, senón que, á vista das circunstancias,  tampouco parece que estea a cumprir de xeito eficaz co seu deber de velar polo respecto dos dereitos humanos e denunciar as reiteradas  e graves vulneracións cometidas polo Goberno de Marrocos que está a ocupar ilegalmente o Sáhara Occidental”.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies