AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra aposta por impulsar empresas farmacéuticas públicas na UE para evitar que os sistemas de saúde poidan ser reféns dos intereses privados

22 Maio, 2019 26 de maio, compromiso por europa, disruptores endócrinos, eleccions europeas, En Marea, farmacéuticas, glifosato, Lidia Senra, Monforte, sanidade

Lidia Senra polas ruas de Monforte repartindo informacion

  • A eurodeputada e candidata estivo hoxe pola mañá repartindo información do seu programa electoral na rúa Cardenal de Monforte, acompañada por outros membros da lista electoral europea
  • Defende medidas para garantir a transparencia na Axencia Europea do Medicamento e na de Seguridade Alimentaria, que se aplique o Principio de Precaución sempre e se prohiba o glifosato e os disruptores endrocinos

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Lidia-Senra-video-en-monforte.mp4

Monforte, 22 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este mércores pola mañá en Monforte, repartindo información da súa campaña na rúa do Cardenal, en Monforte de Lemos, acompañada por outros membros da lista electoral.

En declaracións aos medios, Senra aproveitou para presentar as súas propostas en materia de saúde para o próximo mandato do Parlamento Europeo. A candidata defendeu que a sanidade ten que ser un servizo cen por cen público e no que se garanta unha atención de calidade. Para iso, é fundamental que os traballadores e traballadoras teñan unhas condicións laborais dignas e estables.

Senra defendeu que desde a UE se deben impulsar medidas para impedir conflitos de intereses e garantir a transparencia na Axencia Europa do Medicamento e na Axencia de Seguridade Alimentaria. Tamén reclama unha aplicación real do Principio de Precaución nas autorizacións dos pesticidas e nas substancias químicas. Ademais, considera prioritaria a prohibición do glifosato e que se efectivice a prohibición dos disruptores endocrinos en cosméticos, xoguetes e envases de alimentos antes de xuño do 2020. Que se impulsen empresas farmacéuticas públicas para garartir o acceso universal aos medicamentos, evitando que os sistemas públicos de saúde poidan ser reféns de intereses privados.

A eurodeputada e candidata tamén se reuniu a primeira hora en Monforte con membros da Plataforma en defensa do ferrocarril, para defender a necesidade de impulsar os trens de proximidade como medio de transporte público e vía para a loita contra o cambio climático e a diminución do uso do vehículo particular para o desprazamento de toda a poboación, non só da que vive nas cidades. Esta noite, Lídia Senra protagonizará un acto público electoral en Vilalba, ás 21.30 horas.

Lidia Senra repartindo informacion en Monforte photo5992550964126658140

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies