AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra defende unha reforma da PAC que sexa capaz de crear emprego en base á agroecoloxía

23 Maio, 2019 26 de maio, agricultura, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, Lalín, Lidia Senra, o alle, PAC

photo5994508966702461439

  • A eurodeputada e candidata estivo esta tarde visitando a explotación agraria O Alle, en Lalín, acompañada por membros da súa lista electoral europea
  • Reclama que as políticas agrícolas da Unión Europea prioricen a financiación de proxectos locais de transformación dos produtos nas propias granxas

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/VIDEO-LIDIA-SENRA.mp4

Lalín, 23 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea: Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este xoves pola tarde visitando a explotación agraria O Alle, en Lalín, acompañada por outros membros da candidatura electoral europea.

En declaracións aos medios, Lídia Senra cualificou de “clave” para o próximo mandato do Parlamento Europeo a reforma da Política Agrícola Común (PAC). Así, defendeu a transición cara a un modelo que sexa capaz de crear empregos en base á agrecoloxía e apostou tamén por unha redistribución dos fondos. Neste sentido, explicou que no seu programa electoral se propón a concesión de 8.500 euros por persoa activa na agricultura como medida para fixar poboación no medio rural.

Igualmente, defende que os fondos europeos deben de priorizar o financiamento de proxectos locais de transformación dos produtos agrícolas nas propias granxas e tamén apoiar modelos para reducir a dependencia da alimentación dos animais con materia que ven de fóra, apostando polo potencial da propia terra.

Senra considera que a actual PAC foi incapaz de resolver os principais problemas que teñen as explotcións galegas e que tampouco solucionou os problemas das explotacións do resto de Europa. “Cada vez son menos as perosas que se adican á agricultura e gandería, teñen un nivel de renda inferior á media e vense con serias dificultades para cubrir custos de produción. Agora é o momento de facer unha reforma en profundidade. No próximo mandato débese aprobar a PAC para o período 2021-2027. Soberanía alimentaria, loita contra o cambio climático, emprego, medio rural vivo, protección dos recursos naturais deben ser os eixos centrais desta nova política”, dixo. “A agricultura debe ser un dos principais desafíos e preocupacións da sociedade. É posible. Só se precisa vontade política”, zanxou.

photo5996654165427859645 photo5994508966702461440 photo5996654165427859647 photo5996654165427859658

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies