AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra defende que a CE retire canto antes a proposta de modificación do Regulamento de control da pesca

21 Maio, 2019 A nosa voz en Europa, alternativa canguesa de esquerdas, Cangas, compromiso por europa, eleccions europeas, En Marea, Lidia Senra, pesca artesanal

Lidia Senra na lonxa de Cangas II

  • A eurodeputada e candidata estivo hoxe en Cangas, onde repartiu información do seu programa electoral no porto pesqueiro, ademais de reunirse coas redeiras e co cabildo da confaría
  • Exixe que se cumpra xa resolución do Parlamento Europeo na que, a proposta dela, se introduciu a exclusión de TACs e cotas da pesca artesanal accidental en augas interiores

CORTE AUDIO DECLARACIÓNS DE LÍDIA SENRA DE HOXE PINCHANDO AQUÍ

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2019/05/Video-Lidia-en-Cangas.mp4

Cangas, 21 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Marea:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, viaxou este martes a Cangas, onde estivo repartindo información electoral no porto pesqueiro, coincidindo coa chegada do mar das persoas do sector da pesca que traballan neste lugar. Senra estivo acompañada por compañeiros e compañeiras de Alternativa Canguesa de Esquerdas, que tamén están a facer campaña para as eleccións municipais.

En declaracións aos medios no propio porto, Lídia Senra comprometeuse a seguir traballando despois do 26 de maio para que se retire a proposta da Comisión Europea (CE) de modificación do Regulamento de control da pesca. A eurodeputada explicou que durante este mandato estivo a realizar o seguimento deste documento desde o seu grupo, o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), dentro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo. “A Comisión de Pesca non chegou a fixar aínda a súa posición e nós seguiremos traballando no próximo mandato para que se retire esta proposta de modificación, porque supón engadir novas trabas para a pesca artesanal e a pequena escala. Implicará un aumento grande da burocratización, algo que os pequenos barcos non teñen capacidade de asumir”, defendeu Senra.

Igualmente, a eurodeputada e candidata tamén se comprometeu a seguir dando a batalla para que a CE implemente medidas que fagan cumprir a resolución do Parlamento Europeo adoptada neste mandato e na que, a proposta dela mesma, se introduciu a exclusión de TACs e cotas da pesca artesanal accidental en augas interiores. O reparto xusto e equitativo das cotas pesqueiras seguirá sendo unha das súas principais liñas de actuación.

Senra tamén defendeu a necesidade de establecer medidas que rematen coa discriminación laboral das mulleres no sector da pesca e reclamou a subida do coeficiente redutor ao 0.3 para todos os colectivos que están por debaixo, como son as redeiras.

Esta tarde, Lídia Senra reunirase co colectivo de redeiras de Cangas e co cabildo da Confraría, onde tamén lles falará das súas propostas para o próximo mandato e do traballo feito nestes cinco anos.

Lidia Senra na lonxa de Cangas Lidia Senra na lonxa de Cangas III
Lidia Senra e Victoria Portas coa presidenta do colectivo de redeiras de Cangas

Repartindo no mercado en cangas

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies