AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Xornada contra a mina de Touro-O Pino, este sábado, para debater sobre un problema que é de todos/as

9 Xaneiro, 2018 Bocixa, Braulio Amaro, cobre, ContraMINAcción, Corcoesto, Encrobas, Joam Evans, Lidia Senra, Lousame, Mero, mina, minaría, O Pino, Riotinto, SHGN, Touro, Xanceda
  • O evento, organizado pola eurodeputada Lídia Senra e a plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non, será no Hotel Bello do Pino todo o día 
  • Participarán tamén persoas da loita contra as minas de Corcoesto, Lousame, A Terra Cha, As Encrobas e Xanceda, así como de Roitinto

 

cartel xornadasSantiago, 9 de xaneiro de 2018. Persoas implicadas de forma moi activa na loita contra a minaría en diferentes lugares de Galiza daranse cita este sábado, 13 de xaneiro, no Pino, para intercambiar experiencias, poñer en común puntos de vista e debater sobre os efectos deste tipo de explotacións. O evento, organizado pola eurodeputada Lídia Senra, está concibido ademais para arroupar á plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non, que leva meses pelexando contra o proxecto de nova mina de extracción de cobre que pretende abrir na cotorna Cobre San Rafael S.L, -empresa participada por Atalaya Mining, a mesma dona das minas de Riotinto en Huelva-, e que ocuparía unha área de 689 hectáreas, das que se extraerían 267 millóns de toneladas durante 16 anos e medio.

A xornada desenvolverase durante todo o sábado no Hotel Bello, situado no concello do Pino, con carácter aberto. Neste sentido, a europarlamentaria Lídia Senra anima a todas as persoas a achegarse. “Estamos ante un problema que, de ir adiante, nos vai afectar a todas e a todos, non só á xente que vive á beira dos terreos mineiros no Pino e Touro”, defendeu, e chamou a tomar conciencia e á mobilización en toda Galiza para frear “esta aberración que poñería en perigo a saúde das persoas, do medio ambiente, do río Ulla e afluentes, o marisqueo da ría de Arousa, as explotacións gandeiras que hai na zona, os establecementos turísticos que viven do Camiño de Santiago,…, é moito o que está en xogo”. Senra lembra ademais que xa puxo sobre aviso á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo sobre este proxecto, a través dunha pregunta parlamentaria feita por escrito o ano pasado, e a través dunha intervención no pleno europeo en Estrasburgo e dunha carta que lle remitiu ao comisario europeo de Medio Ambiente Karmenu Vella. “E non cesaremos en seguir denunciando por todos os medios posibles este proxecto mineiro ante a UE”, asegurou. “Entre todas e todos temos que paralo. Só coa presión e a mobilización social se logrará”, dixo.

A xornada comezará pola mañá a partir das 10:30 cun coloquio sobre o proxecto mineiro Touro-O Pino e as consecuencias que traerá, no que intervirán como ponentes membros da plataforma, a propia Lídia Senra e Aurora Puentes, Doutora en Bioloxía e membro da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Ás 12:30 horas, Miguel Ángel Collado Aguilar, doutorando en Historia da Universidade de Huelva e veciño de Nerva realizará unha ponencia con debate posterior sobre a experiencia vivida en Riotinto, que é o principal activo da mineira Atalaya Mining.

Pola tarde, a partir das 16:30 horas, terá lugar o coloquio “Galiza non é unha mina, pero hai quen pretende que o sexa”, no que se realizará un repaso ás últimas loitas galegas contra minaría e no que intervirán Braulio Amaro, voceiro da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños; Joam Evans, membro da Sociedade Coluna Sanfins de Lousame e ContraMINAcción; Marga Prieto Ledo, coordinadora la loita contra a minaría salvaxe do Sindicato Lagrego Galego (SLG) e representante da Comisión das minas da Terra Cha; e Mero Iglesias Dobarro, membro da Coordinadora Antiminas de Xanceda, en Mesía.

Xa ás 19:00 horas, e para rematar, terá lugar a proxección do documental “As Encrobas, a ceo aberto” e posterior coloquio do director do filme, Xosé Antón Bocixa Rei.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies