AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra exhorta á UE a deixar de amparar o espolio do Sáhara Occidental e respecte as conclusións do TXUE

10 Xaneiro, 2018

 UE_Marrocos acordo pesca inválido

·        Saúda que a xustiza europea se reafirme en que Marrocos e a Unión Europea non poden asinar acordos que afectan aos recursos saharauís

·        A eurodeputada galega recorda que Marrocos non pode ser considerado como un interlocutor pola UE no relativo aos intereses do pobo saharauí

 

Bruxelas, 10 de xaneiro de 2018. Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), recibiu con satisfacción a opinión emitida hoxe polo avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), que establece que o Acordo de Pesca asinado en 2006 entre a Unión Europea e Marrocos non pode en ningún caso ser aplicado ao Sáhara Occidental nin ás augas adxacentes. “O TXUE está a darlle a razón ao pobo saharauí reiterando que este Acordo de Pesca estase a aplicar ilegalmente nun territorio ocupado, en contra do Dereito Internacional e impedindo que o Sáhara Occidental dispoña libremente dos seus recursos naturais”, recalcou a eurodeputada galega, representante suplente para o GUE/NGL na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo.

As conclusións feitas públicas hoxe polo avogado xeral da UE, paso previo dunha futura sentencia, “constitúe unha nova vitoria do pobo saharauí fronte aos acordos que a UE asina cun país ocupante como é Marrocos, acordos ilexítimos que teñen que acabar xa. É inadmisíbel que dende as institucións comunitarias se ampare e se colabore co espolio do pobo saharauí”, criticou. Senra entende que o avogado xeral da UE “é moi claro ao establecer que a explotación pesqueira por parte da Unión das augas adxacentes ao Sáhara Occidental, instaurada e aplicada polos actos impugnados, non respecta o dereito á libre determinación do pobo saharauí”. 

Está previsto que proximamente comecen as negociacións para renovar o acordo de Pesca entre a UE e Marrocos, que vence nuns meses. “Que agarda a Comisión Europea para poñer fin a esta situación? A aplicación deste acordo é ilegal e a UE non pode seguir escudándose nel nin seguir tratando a Marrocos como interlocutor no referente aos territorios ocupados do Sáhara Occidental”, apremiou a eurodeputada galega. 

Senra, que xa o ano pasado denunciou a explotación ilegal dos fosfatos saharauís polo Reino de Marrocos e foille impedida a entrada, xunto a outras eurodeputadas, a El Aaiún no curso dunha visita a colectivos e activistas saharauís, lembra que esta non é a primeira vez que o TXUE tumba acordos comunitarios con Marrocos por aplicarse ilegalmente ao territorio e aos recursos do Sáhara Occidental, “en decembro de 2016 unha sentencia do TXUE declarou que o Acordo de Asociación de 1996 e o Acordo de liberalización en materia de produtos agrícolas, pescado e produtos de pesca de 2012 non podían aplicarse ao Sáhara Occidental, a UE ten que deixar xa de eludir o recoñecemento ao pobo saharauí sobre os seus propios recursos naturais”.

Texto completo das conclusións do TXUE.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies