AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Situar a Vida no centro, asumir que o Euro non é só unha moeda e que adoece de eivas xenéticas, claves fundamentais

21 Novembro, 2015
  • Arredor de duascentas persoas acudiron hoxe a Compostela a debater con representantes da esquerda europea as medidas para facer fronte á austeridade
  • A economista feminista Y. Jubeto, o eurodeputado alemán F. de Masi, e X. M. Beiras, achegaron as claves principais da elaboración de alternativas

 211115_mesa2b

Compostela, 21 Novembro 2015. A quenda de tarde da xornada  “A Esquerda Europea. Garante dos dereitos das persoas fronte ás políticas de austeridade” que está a ter lugar ao longo de todo o día de hoxe na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela céntrase nas propostas elaboradas dende a esquerda para poñer os dereitos das persoas no centro das políticas da UE. 

A Doutora en Economía pola Universidade do País Vasco e activista feminista Yolanda Jubeto foi a encarregada de dar inicio a esta segunda parte da xornada plantexando un cambio radical do actual paradigma económico, avogando por “situar no centro do sistema económico a Vida e poñendo ao seu servizo a produción, e non ao contrario, como acontece actualmente”. Cómpre visibilizar o “conflicto existente entre Capital e Vida”, pero  dende unha visión ampla, que conxugue a “economía feminista, ecoloxista e solidaria”, reivindicando unha visión integral dos espazos do benestar e do malestar”. Jubeto chamou a atención sobre o feito de que embaixo do espazo mercantil “hai un espazo da reprodución ampliada da vida”, que non se ten en conta “debido a que esta sociedade patriarcal asume que son as mulleres as que teñen que asumir estas responsabilidades”. Deste xeito, o actual sistema económico “obvia que durante toda a nosa vida precisamos coidados”, centrándose simplemente no beneficio económico rápido.

Dende as políticas públicas, criticou, “adóitase identificar como suxeito do crecemento ás empresas capitalistas”, a quen os Gobernos proporcionan “todas as axudas necesarias”, pero “non se teñen en conta as fontes de benestar, de calidade de vida, que quedan agochadas”.

Para este cambio de paradigma, a economista feminista vasca propón, entre outras estratexias, replantexar o concepto de traballo, “que é moito máis que o traballo asalariado, son todas aquelas cousas que facemos para soster a vida”, por iso “dende a idea da ética dos coidados e da importancia do apoio mutuo temos que facer unha chamada á economía tradicional para que cambie o seu eixo”.

Aliás, lembrou, “vivimos nun planeta finito”, polo que “non podemos seguir ca visión do crecemento ilimitado e a actual ecodependencia”, se non que, máis ben,  “debemos reflexionar sobre que canais e tipo de produción temos que promocionar, e analizar a quen benefician e a quen perxudican as actuais dinámicas de consumo compulsivo”. “O futuro será sostible se poñemos no centro a sostenibilidade da vida”, concluíu.

Fabio di Masi, eurodiputado do partido alemán Die Linke, situou a cuestión da moeda única europea como “un tema que afecta ao núcleo da democracia”, xa que repercute na vivenda, na atención sanitaria, en resumo, “aos problemas da xente día a día”, e subliñou que “é tarefa da esquerda dar respostas”. O economista alemán defendeu que a imposibilidade de evitar o debate sobre o Euro, xa que o Euro “non é simplemente unha  moeda, é un conxunto de normas que reflicten unha serie de cuestión en Europa”. A día de hoxe, afirmou De Masi, “a austeridade matou a produción económica e a capacidade de xerar ingresos”.

Facendo unha retrospectiva de análise da composición de forzas económicas na Unión Europea, plantexou a estratexia levada adiante por Alemaña,  un país que sempre tivo unha industria orientada á exportación, “unha filosofía que impregnou a súa estratexia na integración da UE, empregándoa para acadar o grande mercado global que precisaba para poder seguir expandíndose economicamente.” Por exemplo, na industria automobilística, “crearon un sector enorme con salarios baixos que permitiu que a industria alemana exportase máis barato a outros países”. Ademais, a existencia do Euro está a implicar “que outros países xa non podan protexerse fronte á competencia alemá”. Para mudar esta situación o eurodeputado de Die Linke propón a realización de “campañas para defender maiores salarios, vivendas, servizos públicos, etc.”. Sen embargo, aceptou, “o problema é que vós, en Galiza, Estado español, Grecia, non tedes tempo para agardar”.

Outro dos factores que dificultan a creación de alternativas é o Banco Central Europeo (BCE), “unha ferramenta moi potente para dicir que se non fas austeridade cortaremos a billa e terás un caos na túa economía”, polo que, se queremos reestructurar a nosa economía e facer fronte ás necesidades sociais, “temos que poder acceder a un banco central para as persoas”. Para De Masi, “se non temos cartos e o BCE di que non resposta ás nosas solicitudes salvo que adoptemos medidas de austeridade, só queda saír do euro”. Nembargantes, “só podemos cambiar o euro se facemos un referendo fronte á austeridade”.

Por último, o voceiro nacional de Anova-IN e voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento Europeo, Xosé Manuel Beiras, pechou esta xornada realizando unha recapitulación histórica do que é “a contraposición do edificio da Unión Europea construído no Tratado de Maastricht e o que é o proxecto da Unión Europa social”, que, defendeu, “actualmente está en xogo”. Beiras fixo un chamamento a estender o debate para poder chegar a unha “indispensable estratexia europea das forzas cívicas e políticas da esquerda” para recuperar a Europa social fronte ao “auténtico 4º Reich no que se converteu actualmente a UE”, denunciou.

“O problema da UE é xenético”, advertiu, “só é unha unión monetaria e aí empezan os problemas”. Agora a cuestión é deseñar as pautas para que as cidadás e cidadáns “recuperemos o control democrático das institucións”. Na actualidade “estamos nunha grande depresión, non nunha crise”, polo que as políticas teñen que ser “anticíclicas”, e non “procíclicas”, que son as que se están a aplicar na actualidade.

“Estamos na fase final do ciclo hexemónico xestado no primeiro tercio do século XX, na fase de decadencia. Estamos nunha etapa de caos sistémico”, analizou o economista galego. Fronte a isto, “non podemos ter unha visión introvertida europea, porque as claves primordiais non están dentro de Europa. Europa está deixando de ser centro”. A día de hoxe, “nunca houbo tantas democracias e nunca houbo tanta ausencia da democracia”, afirmou. Analizando polo miúdo a actual situación socioeconómica “revélase que estamos nunha fase de transición”, o que implica que  “xa non se pode entender o sistema económico como conxunto pechado en si mesmo, senón que hai que velo como pezas que forman parte do ecosistema”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies