AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra: “A Organización Mundial do Comercio é un instrumento das multinacionais con mortes detrás”

24 Novembro, 2015 acordos comerciais, agricultura, austeridade, benestar animal, clonaxe, economía rural, emerxencia social, estafa financieira, leite, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, OMC, Organización Mundial do Comercio, PAC, pesca artesanal, políticas públicas, SLG, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos, via campesina

 

  • Onte debateuse en sesión plenaria a situación do Programa de Doha de cara á X Conferencia Ministerial da Organización Mundial do Comercio (OMC)
  • A loita contra a OMC é un dos obxectivos principais da loita labrega global organizada na Vía Campesina Internacional

strasburgo, 24 Novembro 2015. Dende onte e até o vindeiro xoves, o Parlamento Europeo está en sesión plenaria en Estrasburgo [ORDE DO DÍA]. Na xornada do luns, o primeiro dos temas a debater foi a Situación do Programa de Doha con miras á décima Conferencia Ministerial da Organización Mundial do Comercio (OMC).

A loita contra a OMC é un dos obxectivos fundamentais do movemento internacional agrario La Vía Campesina Internacional (LVC) -e das súas organizacións aliadas-, onde a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, participou activamente nestes últimos vinte anos a través do Sindicato Labrego Galego, organización integrada nesta estrutura labrega global dende a súa fundación.

Para Senra, o obxectivo que a UE está a procurar a través da décima Conferencia da OMC é “avanzar para acabar cas escasas políticas que inda protexen os sistemas alimentarios nalgúns países”.

E concorda co especificado na resolución sometida a debate, que sinala que a reforma da Política Agraria Común (PAC) representa a contribución da Unión Europea ás expectativas da Ronda de Doha, xa que, efectivamente “iso é así dende as reformas de principios dos noventa, e como resultado temos o feito de que milleiros de explotacións campesiñas desapareceron en toda a UE, crises cada vez máis frecuentes nos nosos sectores produtivos, expulsión do campesiñado dos mercados locais e prezos de ruína en orixe”.

A OMC é claramente “un instrumento das multinacionais”, que impoñen normas a través desta institución internacional “para concentrar inda máis a riqueza en mans de cada vez menos, é unha institución totalmente deslexitimada; e, ademais, ten mortes detrás”, recalcou a eurodeputada galega en alusión ao labrego coreano integrante da LVC Lee Kyun Hae, que acabou ca súa vida nunha das mobilizacións contra a OMC no ano 2003.

Unha cuestión tan sensíbel como é a alimentación mundial, “non é considerada a día de hoxe un ben social”, denunciou Senra, “senón que déixase nas mans dos grandes agronegocios e permítese a especulación, impedindo que cada vez máis persoas podan alimentarse correctamente”.

Fronte a este modelo capitalista neoliberal identificado na OMC, a deputada de AGEe solicitou hoxe ao Parlamento Europeo e ás institucións comunitarias “que poñan fin á OMC”, dando prioridade a políticas “que permitan un verdadeiro desenvolvemento sostíbel en todos os pobos do mundo, que priorice a produción de alimentos para os mercados locais e de proximidade, e que permita acabar ca fame e a desnutrición”.

 Aliás, en resposta á intervención da Comisaria de Comercio, Cecilia Malmström, que valorou como un éxito a Conferencia Ministerial de Bali (2013), Senra foi contundente, “o ‘éxito’ da OMC é a costa das persoas máis débiles: o campesiñado e as clases populares” e, a pesar do expresado por algunhas das deputadas e deputados no hemiciclo, “a realidade é que canto máis aumenta o libre comercio, máis pobres hai e máis se concentra a riqueza en mans dun poucos”. “A resposta á fame e á pobreza é a Soberanía Alimentaria e non a OMC, nin os tratados de libre comercio”, sentenciou Lídia Senra onte na Eurocamara.

https://ageuropa.gal/wp-content/uploads/2015/11/231115_Debate-OMC.mp4

 Intervención da eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) no debate en sesión plenaria sobre a Organización Mundial do Comercio.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra, cos carteis contra o PEPP, no pleno do Parlamento Europeo hoxe

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

4 Abril, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
150119_AngelaVallina-coordinadora do GUE-NGL en FEMM e Senra--

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

15 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2026
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies