AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Senra alerta á CE de que perigan na Laracha a Píntega Galega e o Caracol de Quimper por culpa do eucalipto

6 Novembro, 2018 bergantiños, Comisión Europea, directiva de hábitats, eucaliptos, fauna, gue/ngl. laracha, Lidia Senra, patrimonio natural

Pregunta laracha

  • A eurodeputada denuncia ante a Comisión Europea que a corta de fragas e a eucaliptización son incompatibles coa Directiva de Hábitats 
  • Reclama maior protección para estas especies que habitan na comarca de Bergantiños e das que cada vez quedan menos exemplares na UE 

Santiago, 6 de novembro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra denunciou este martes na Comisión Europea (CE) o perigo ao que se están vendo sometidas por culpa da eucaliptización no concello da Laracha (A Coruña) especies como a Píntega Galega ou Rabilonga (Chioglossa lusitanica) e o Caracol de Quimper (Elona Quimperiana), que están protexidas polo Convenio de Berna relativo á Conservación da Vida Silvestre e do Medio Natural en Europa e pola Directiva de Hábitats da UE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Senra rexistrou esta mañá en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que informa ao ente comunitario de que a pesar da protección da que gozan estas especies das que cada vez quedan menos exemplares na UE, a súa supervivencia estase vendo ameazada nos montes do lugar do Pazo, en Soandres, e no río Acheiro, todo no concello da Laracha da comarca de Bergantiños, debido á plantación de eucaliptos nesta zona e á intención de levar a cabo cortas de fragas de árbores autóctonas.

Pintega Galega que habita na Laracha Caracol de Quimper que habita na Laracha

Neste sentido, Lídia Senra pregúntalle á CE se non cre que plantar eucaliptos e cortar fragas é incompatible coa conservación dos hábitats naturais da fauna e flora silvestres protexidos mencionados. Tamén lle pide que especifique que medidas están obrigados a tomar tanto o goberno municipal como a Xunta de Galicia e o Estado español para protexer estes lugares e estas especies.

Ademais, e tendo en conta que a previsión do Plan Forestal da Xunta no 1992 era dun máximo de 245.000 hectáreas de eucalipto para o 2032 e hoxe xa temos arredor de 500.000 hectáreas con eucaliptos na Galiza, a eurodeputada pregúntalle á CE que opinión lle merece esta situación e que recomendacións fai para protexer as especies arbóreas autóctonas e evitar que continúe a eucaliptización da Galiza.

Senra considera fundamental protexer de verdade, non só no papel, os montes e as augas e as especies que viven nelas fronte aos intereses das industrias madereiras que están a acabar co patrimonio natural galego coa complicidade das Administracións que, ou ben miran para outro lado, ou permiten directamente que se arrase co noso medio rural. Así, chama a todas as Administracións a levar a cabo medidas efectivas para protexer o rural e toda a vida que nel hai.

En efecto, xa son moitas as iniciativas que leva presentado a europarlamentaria en Bruxelas para denunciar a eucaliptización na Galiza. A maiores do escrito presentado hoxe en referencia á situación na Laracha, Senra ten reclamado en numerosas ocasións que se inclúa o eucalipto na lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión, ten denunciado a plantación desta especie en Monforte, e de feito está a impulsar a constitución en réxime de autoconvocatoria dunha plataforma por un sur de Lugo libre de eucaliptos. Tamén ten organizado xornadas no Parlamento Europeo referidas á desfeita do noso patrimonio provocada pola industria do eucalipto-celulosa na Galiza e ten intervido no pleno parlamentario europeo neste sentido.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies