AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra pide á CE que inclúa os eucaliptos na lista de invasoras, baseándose no ditame do Comité Científico

19 Abril, 2018 Comisión Europea, comité cientifico, especie exotica invasora, eucaliptos, GUE/NGL, Lidia Senra
  • Chama á Comisión Europea a tomar como análise de risco das especies o documento unánime aprobado pola vintena de científicos do Estado español 
  • A eurodeputada rexistra unha pregunta parlamentaria por escrito para saber se o ente comunitario estaría agora en disposición de iniciar esta tramitación

 

pregunta a ce eucaliptosSantiago, 19 de abril de 2018. Lídia Senra, eurodeputada galega no Parlamento Europeo, reclama á Comisión Europea (CE) que, tomando como base o ditame aprobado de forma unánime polo Comité Científico de Flora e Faunas Silvestres do Estado español, inclúa os eucaliptos na lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión.

Senra rexistrou hoxe unha pregunta parlamentaria por escrito na que informa ao ente comunitario de que o Comité Científico do Estado español, órgano consultivo formado por unha vintena de científicos independentes, emitiu recentemente un ditame unánime no que conclúe que “constatados cos datos cienfíticos dispoñibles o carácter invasor das especies Eucalyptus naturalizadas no Estado, se deberían incluír no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras todas estas especies: Eucalyptus camaldulensis, Eucalyptus globulus, Eucalyptus gomphocephala, Eucalyptus gunnii, Eucalyptus nitens e Eucalyptus sideroxylon, así como calquera outra especie deste xénero cuxo destino sexa a explotación forestal, debido ao alto risco de invasión a consecuencia das súas caracterísitcas biolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas”.

Na contestación en maio do 2017 do anterior escrito de Lídia Senra á CE para pedirlle que incluíra os eucaliptos na lista de invasoras europeas, a Comisión respondera que as solicitudes de inclusión de especies exóticas invasoras nesa lista podían proceder dos Estados membros ou da propia CE e que un requisito previo a unha solicitude deste tipo é que se teña efectuada unha análise de riscos. Explicaba daquela a CE que non se recibira ningunha solicitude para a inclusión das especies de eucaliptos na lista da Unión e que a CE tampouco era coñecedora de ningunha análise de risco pertinente, motivos polos cales consideraba improvables que se foran incluír os eucaliptos nesta lista. Agora, tendo en conta que hai un ditame emitido polo Comité Científico estatal, Senra considera que a CE debería volver valorar a situación. Así, a eurodeputada galega pregúntalle á Comisión se “podería estudar con detalle o citado ditame e, guiándose polas súas amplas análises e recomendacións, iniciar o procedemento para solicitar a inclusión destas especies na lista de especies exóticas invasoras preocupantes para a Unión, conforme ao disposto no artigo 4, apartado 2, do Regulamento (UE) nº 1143/2014”.

A europarlamentaria defende que é fundamental que se leve a cabo esta inclusión para poder frear os graves problemas socioambientais que xeran os eucaliptos na Galiza, onde ocupan máis de 400.000 hectáreas (a cuarta parte da superficie forestal galega). E é que os eucaliptos, ao ser un monocultivo, convirten os terreos en áreas con escasa biodiversidade; as súas raíces absorben grandes cantidades de auga impedindo la filtración de augas cara aos acuíferos, e secando pequenos regatos, fontes, etc.; ademais, ao ser prantas pirófitas favorecen os incendios forestais; traen consigo pragas e enfermidades que provocan a aplicación de insecticidas e fungicidas; e tamén é frecuente a aplicación de glifosato para diminuír a carga do sotobosque. A súa expansión provoca a desaparición de masas boscosas de elevado valor tanto ambiental como sociocultural ou patrimonial e estas problemáticas teñen sido denunciadas pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultural) en varias ocasións.

“Os motivos para que os eucaliptos sexan incluídos na lista sobran e ademais agora todas estas evidencias están refrendadas polo que é o maior organismo consultivo do Estado español para estas cuestións”, defende Senra. O Real Decreto 139/2011 de 4 de Febreiro, para o desenvolvemento do Listado de Especies Silvestres en Réximen de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Amenazadas, no seu Artigo 7, crea o Comité Científico como órgano consultivo para asistir ao Comité de Flora e Fauna Silvestres, as Comunidades Autónomas e ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. E no 2013, cando se regulou o Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, ampliáronse as funcións deste Comité Científico a este aspecto tamén. Así, en setembro do 2017, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, tras a recepción dunha moción do Concello de Teo pedindo a inclusión dos eucaliptos no catálogo de invasoras, solicitou un informe do seu Comité Científico ao respecto e o Comité Científico emitiu o ditame ao que se alude. Fronte á actitude do Ministerio, que despois pedir a elaboración deste ditame e de ver o resultado decidiu obvialo totalmente e desautorizalo, omitindo todas as opinións científicas, Senra chama á CE a valoralo e tomalo como base para iniciar o proceso para a declaración dos eucaliptos como especies exóticas invasoras preocupantes na Unión.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Agosto 2026
M T W T F S S
« Mai    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies