AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “A dependencia da gandaría con respecto á soia transxénica é imposición do lobby pro OXM´s”

28 Outubro, 2015 acordos comerciais, agricultura, benestar animal, clonaxe, Comisión Europea, crise agrícola europea, economía rural, liberalización, Lidia Senra, oxm, PAC, políticas públicas, soberanía alimentaria, transxénicos

 

  • Debate en sesión plenaria sobre a posibilidade de prohibir ou restrinxir o uso de OXM´s por parte dos Estados membros da Unión Europea
  • Rexeitouse a proposta da Comisión Europea e aprobouse un informe do Parlamento Europeo no que se esixía a reformulación do texto

Estrasburgo, 28 de Outubro 2015. Durante esta semana o Parlamento Europeo atópase en sesión plenaria en Estrasburgo [Orde do día de toda a sesión]. Na mañá de hoxe procedeuse ao debate da Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e o Consello pola que se modifica o Regulamento (CE) n°1829/2003 no que respecta á posibilidade de que os Estados membros restrinxan ou prohíban o uso de alimentos e pensos modificados xeneticamente no seu territorio.

Este texto suscitou críticas tanto polos partidos conservadores que avogan pola libre circulación dos organismos xeneticamente manipulados –nomeadamente o Partido Popular e Partido Socialista europeos-, como por aquelas formacións políticas que, como Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), defenden que se poda decidir sobre a restrición ou prohibición de ditos organismos en cada un dos territorios da UE.

O texto presentado pola Comisión constitúe un documento ambiguo no que, a grandes rasgos, proponse a posibilidade da prohibición ou restrición, pero baixo uns condicionantes que fan practicamente imposíbel levar adiante dita determinación. Dita posición é acorde cas denuncias de connivencia entre a Comisión Europea e o lobby transxénico na UE, realizadas por distintas organizacións da sociedade civil.

Así, un Estado que quixera impedir a entrada de transxénicos no seu territorio, non podería por exemplo argumentar motivos vinculados aos riscos para a saúde humana, animal ou para o medio ambiente, xa que esta normativa aplicaríase aos Organismos Xeneticamente Modificados (OXM´s) que xa contan con autorización na Unión Europea, precisamente a través da polémica Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA).

A propia Comisión Europea (CE) asumiu no debate desta mañá que a sociedade europea “oponse aos organismos xeneticamente modificados”, non obstante, as propostas políticas realizadas por esta institución van na liña de favorecer a súa implementación. Mais, “por que impoñelos se non os necesitamos?”, interpelou directamente esta mañá a eurodeputada de AGEe Lídia Senra.

Por outra banda, a eurodeputada galega rexeitou frontalmente o argumento da CE ao respeito da actual dependencia da importación pensos transxénicos na gandaría europea, un mantra recurrente co que a miúdo preténdese xustificar a necesidade de favorecer o uso de organismos xeneticamente modificados na UE. “Esa situación é unha imposición”, lembrou Senra, pero unha imposición ca que se podería rachar porque “poderiamos importar pensos convencionais libres de OXM´s”, lembroulle ao Comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria, Vytenis Povilas Andriukaitis, encargado de defender a posición da Comisión neste debate.

“Europa debería romper a dependencia da gandaría con respecto á importacións de proteína vexetal”, proseguiu a eurodeputada galega aludindo á actual importación masiva de soia transxénica para alimentar o gando europeo[1], “temos terras, temos sementes non transxénicas e coñecementos para producir alimentación animal libre de OXM´s”, reivindicou.

Por outra banda, “a UE non está chamada a alimentar o mundo”, retruncou Senra ao sempre abondoso argumentario eurocéntrico, “por ética, responsabilidade e solidariedade, Europa debería respaldar que os países teñan dereito á soberanía alimentaria, apoiando que exerzan o dereito a alimentarse a si mesmos”. “Non perdamos máis tempo”, reclamou a eurodeputada galega instando ao pleno do Parlamento Europeo a “mudar as políticas para respostar ás necesidades reais da sociedade e non ao lobby dos transxénicos e da alimentación animal”.

Finalmente a proposta da Comisión foi rexeitada, adoptándose un informe do Parlamento Europeo que sinala as principais eivas do texto lexislativo e insta á Comisión a refacer a proposta presentada.

 

[1]Na actualidade a soia transxénica supón máis da metade da superficie mundial de cultivos transxénicos con máis de 90 millóns de hectáreas en todo o mundo. Máis información: Cómo la PAC provoca la expansión de la soja y la deforestación en Sudamérica, Amigos da Terra.

 

Acceso directo á intervención de Lídia Senra: https://www.youtube.com/watch?v=FtoojO-S3GI&feature=youtu.be

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies