AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Prezos xustos na produción e o mantemento e recuperación de servizos públicos, demandas principais das áreas de montaña

21 Outubro, 2015 agricultura, áreas de alta montaña, benestar animal, clonaxe, Comisión Europea, crise agrícola europea, crise de dereitos, economía rural, liberalización comercial, Lidia Senra, servizos públicos, servizos públicos no rural, soberanía alimentaria, sustentabilidade, vacún de carne, zonas de montaña
  • Unha delegación de once gandeiras/os e residentes en zonas de montaña da Galiza trasladaron hoxe as súas demandas á CE e ao PE
  • Mantiveron entrevistas ca Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea e co Intergrupo de Áreas Rurais, Montañosas e Remotas

 

Bruxelas, 20 Outubro 2015. A través da eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, unha delegación de once gandeiros/as e residentes en zonas de alta montaña da Galiza entrevistáronse esta tarde no Parlamento Europeo (PE) con Dermot Ryan, representante da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea (DX AGRI), e ca eurodeputada Mercedes Bresso, presidenta do Intergrupo Parlamentario de Áreas Rurais, Montañosas e Remotas, no que a AGEe está inscrita.

Nun primeiro intercambio de opinións, a delegación galega puxo sobre a mesa a necesidade de garantir prezos xustos na produción de vacún de carne e denunciou diante da Comisión a progresiva eliminación de servizos públicos nas áreas rurais potenciada polo Goberno da Xunta, subliñando as graves consecuencias sociais que está a ter concretamente a eliminación de centros educativos e sanitarios.

Se ben en relación ás políticas agrarias Ryan afirmou que “hai vontade de apoio de cara a que as produtoras e produtores podan cubrir custos de produción a través dos prezos”, membros do seu equipo presentes na xuntanza afirmaron que son “conscientes” dos problemas dos produtores/as de vacún de carne, unha situación que “repítese en toda a UE, sobre todo nas zonas de montaña”.

Carmen Calderón, responsable do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) 2015-2020  -inda sen aprobar a día de hoxe- na  Dirección Xeral de Agricultura, afirmou que cónstalle que neste PDR están sinaladas as zonas de montaña como prioritarias. Aliás, fixo fincapé na vontade da Comisión de que o proceso de elaboración do PDR sexa intensamente participativo.

Diante desta afirmación, a delegación galega foi clara: “non nos dan información de nada”, afirmaron, e puxeron en dúbida o carácter participativo do PDR, trasladándolle directamente á Comisión de Agricultura que, no caso galego, a participación limitouse a un único evento conxunto cos actores correspondentes convocado pola Xunta: “participamos noventa axentes sociais e durou dúas horas, esa foi toda a participación que houbo”.

Finalmente, na liña de afondar na visibilización da importancia do mantemento destas zonas, nomeadamente para preservar a nosa biodiversidade e identidade cultural, mantendo ao tempo un tecido produtivo que contribúa a fixar poboación nestas áreas, a eurodeputada galega trasladou á DX de Agricultura como demanda principal “que sexan activadas as políticas agrogandeiras e sociais precisas para que as persoas que residen e/ou manteñen unha actividade produtiva nas zonas de alta montaña teñan garantida unha vida digna e podan desfrutar dos dereitos e acceder a servizos como calquera cidadá ou cidadán da Galiza.”

Intergrupo Áreas Rurais e Montañosas

A eurodeputada italiana Mercedes Bresso, presidenta do Intergrupo Parlamentario de Áreas Rurais, Montañosas e Remotas, deu conta das prioridades do mesmo, salientando a potenciación das enerxías renovábeis, as políticas de desenvolvemento integral das zonas rurais, a defensa dos produtos típicos de alta montaña…

Ademais, dende este intergrupo están analizando as diversas áreas temáticas para achegar información á Comisión Europea co obxectivo de realizar un Libro Branco de propostas políticas para as zonas de montaña, moi valorada na maioría de países europeos, sinalou. Porén, “no caso galego”, trasladáronlle a Bresso, “a nós bótannos da montaña, non é un espazo valorado pola Administración”.

Xunto con esta realidade, o problema da forestación de terras agrarias na Galiza foi unha das cuestións que máis sorprendeu á eurodeputada, quen reiterou a importancia dos prados ubicados en zona de alta montaña. Tamén se pronunciara sobre este aspecto Demot Ryan, quen aclarou que, se ben é promovida dende a UE, a forestación “non é unha esixencia realizada aos Estados membros”, xa que “a PAC aplícase cunha certa flexibilidade”, polo que, se se está a dar unha forestación inadecuada do territorio, a responsabilidade recaería nos Gobernos estatal e galego.

 

Tras as dúas xuntanzas desta tarde, Lídia Senra mantivo unha reunión de traballo ca delegación galega desprazada a Bruxelas a fin de coñecer as súas prioridades e analizar como desenvolvelas no Parlamento Europeo do xeito máis eficiente posíbel.

Estes contactos e intercambios de opinión ca Comisión e o Parlamento engadiranse ao traballo de análise desenvolvido nas xornadas “As áreas de alta montaña na UE, unha perspectiva dende a esquerda”, realizadas por AGEe en Becerreá o pasado 28 de febreiro.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies