AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Sae o número 2 do boletín periódico gratuíto ‘A Nosa Voz en Europa’

15 Decembro, 2017 A nosa voz en Europa, boletín, eurodeputada galega, GUE/NGL, Lidia Senra, revista
  • Na nova revista dase conta das actividades desenvolvidas pola eurodeputada galega Lídia Senra  
  • A edición está dispoñible desde xa na súa web en formato dixital e nos próximos días será distribuída por toda Galiza tamén en formato papel 

Portada do 2º boletin

Santiago, 15 de decembro de 2017. Este venres sae á luz o segundo número do boletín periódico informativo gratuíto ‘A Nosa Voz en Europa’, unha nova revista que recolle a actividade que a eurodeputada galega Lídia Senra ven desenvolvendo na Eurocámara e que dá continuidade á outra revista que xa publicara no verán do 2016. Aquel número 1 recollía o traballo realizado pola parlamentaria entre xullo de 2014 (cando deu comezo a lexislatura) e principios de 2016; e este número 2 que sae agora recolle o traballo feito entre xaneiro do 2016 e xuño do 2017. Nesta ocasión, son 82 páxinas de información, maquetadas a toda cor que se poden consultar xa pinchando aquí en formato de revista dixital. Para aquelas persoas que prefiran lela en papel, nos próximos días comezará a distribuírse tamén a versión impresa por toda Galiza.

Senra anima a todas as galegas e galegos a consultar a nova publicación para que poidan coñecer de primeira man as iniciativas parlamentarias levadas a cabo en Bruxelas e Estrasburgo así como as xornadas que organizamos na Galiza e as visitas reivindicativas ás institucións europeas que ten promovido con numerosos colectivos. “Mantemos firme o noso compromiso de facer todo o posible para as galegas e galegos teren acceso aos asuntos que se están a debater na Unión Europea e ás decisións que se adoptan nas institucións comunitarias”, recalca a eurodeputada. “Como sempre dicimos, estamos a tratar de decisións que adopta a UE e que condicionan as nosas vidas moitos máis do que a maioría pensamos. Coñecelas e estar informadas e informados día a día sobre o que se aborda na UE é clave para ter capacidade de reacción e mobilización como sociedade”, asegura.

“Unha vez máis , animámosvos a facer equipo con nós, a nos contactardes sen dubidar para informarnos de calquera cuestión relevante e susceptíbel de denunciar na UE que estea acontecendo en calquera recuncho galego. Entre todas e todos podemos facer que a nosa voz se escoite en Europa”, di.

No boletín, ademais das preguntas por escrito que ten presentado ante a Comisión Europea, tamén se recollen boa parte das intervencións que realizou durante os plenos parlamentarios, así como na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, da que é membro titular, e na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, na que é membro suplente. Máis alá do boletín que sae agora á luz, toda a actividade de Lídia Senra pode consultarse na propia web do Parlamento Europeo.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra e Ekaitz Cancela, nas xornadas hoxe II_2656x1494

Lídia Senra aposta por avanzar no debate social sobre os sistemas económicos alternativos ao capitalismo

6 Abril, 2019
Ekait e Paul

O xornalista Ekaitz Cancela e o científico informático e economista Paul Cockshott, este sábado en Santiago

3 Abril, 2019
Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies