AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra participa en Haití na 34ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria África-Caribe-Pacífico-UE

19 Decembro, 2017 ACP, cambio climático, Caribe, catástrofes naturais, GUE/NGL, Haití, Lidia Senra, UE
  • A eurodeputada participou nun debate sobre como mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e as catástrofes naturais nos países de ACP 
  • Reclama que as institucións recoñezan e actúen en consecuencia coas e cos refuxiados climáticos e que se traballe máis na prevención e nas raíces do cambio climático

IMG-20171219-WA0003

Santiago, 19 de decembro de 2017. A eurodeputada Lídia Senra está a participar en Haití na 34ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria África-Caribe-Pacífico (ACP) – Unión Europea (UE), como membro da Delegación do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL. A europarlamentaria galega desprazouse o pasado venres a Porto Príncipe xunto con outros eurodeputados e eurodeputadas, onde permanecerán até este xoves.

Despois do traballo previo das Comisións durante o sábado e o domingo, o luns tivo lugar a apertura da 34ª Sesión da Asemblea Parlamentaria Paritaria ACP-UE. Un dos temas de debate nesta primeira sesión foi un informe sobre a necesidade de “Mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e as catástrofes naturais nos países da zona ACP“. “Este é un tema que nos afecta a todos e a todas, e que reviste unha grande importancia nos países do Caribe fortemente afectados por fenómenos metereolóxicos e catástrofes climáticas extremas. Haití, antes de que poidera recuperarse da catástrofe provocada polo terremoto do 2010, viu empeorar aínda máis a situación co furacán Mattew”, explica a eurodeputada. Segundo o informe 2016 sobre riscos mundiais abordado na xuntanza, outros sete países do grupo ACP están expostos a un elevado risco de fenómenos naturais extremos (Vanuatu, Tonga, Illas Salmon, Papúa-Nova Guinea, Timor Leste, Mauricio e Guinea-Bissau.

Neste contexto, Senra lembra que “sabemos que o cambio climático aumenta a frecuencia, a intensidade, a extensión xeográfica e a duración dos fenómenos meteorolóxicos e das catástrofes climáticas extremas”. Tamén a escaseza de augas superficiais, os asolagamentos, os periodos de choivas ou secas prolongadas ou o aumento do nivel dos océanos son consecuencias do cambio climático que afectan en todos os países do mundo (tamén na Galiza). “Provocan perdas importantes na agricultura e polo tanto o aumento da fame, xeran un aumento da pobreza e das desigualdades, dos problemas de saúde, e tamén o desprazamento das poboaciones nas zonas máis afectadas. As e os refuxiados climáticos son unha realidade que temos a obriga de recoñecer  e actuar en consecuencia”, defende.

Así, Lídia Senra defendeu que “para mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático e as catástrofes climaticas é necesario atacar as raíces; as decisións políticas que provocan o cambio climático, e tamén actuar en materia de prevención para reducir ao máximo os impactos dos fenómenos meteorolóxicos e das catástrofes climáticas extremas”. En canto ás raíces do cambio climático, citou a importancia de abordar o sistema agroalimentario, baseado nos modos de produción agraria industrializada e os mercados globalizados de alimentos. “Podemos consideralos responsables de ao redor dun 50% das emisiones de gases de efecto invernadoiro”, dixo. Fronte a iso, chamou a promover a agricultura labrega de base agroecolóxica e os circuitos curtos de comercialización como elementos valiosos para contribuir a arrefriar o planeta.

“Promover a resiliencia fronte ao cambio climático a longo prazo significa que a Unión Europea debe adoptar unhas políticas coherentes de redución do consumo de enerxía, poñer fin ao acaparamento de terras e ao deterioro dos ecosistemas e a biodiversidade”, engadiu.

En canto á prevención para reducir o impacto das catástrofes, Lídia Senra considera necesario “aprender das boas prácticas” e puxo como “exemplo de éxito” a Cuba, para considerala positiva á hora de poñer en marcha medidas para reducir o impacto en caso de riscos metereolóxicos como as tempestades tropicais.

No marco do lugar no que se están a desenvolver estes encontros, Senra destacou a cooperación rexional que se dá no Caribe. “Parécennos moi positivas as iniciativas de xestión de riscos no Caribe e os acordos acadados no 6º Cumio CARICOM-CUBA para traballar en conxunto nunha Axenda Estratéxica Rexional para abordar a xestión de risco de desastres, a asistencia humanitaria e a reconstrución; así como o Memorando de Entendemento sobre a Redución do Risco de Desastres da Axencia de Manexo de Emerxencias e Desastres no Caribe de CARICOM e o Estado Maior da Defensa Civil de Cuba”, dixo.

IMG-20171219-WA0005

IMG-20171218-WA0008

IMG_0681_2016x1512

IMG_0665_2016x1512

IMG_0662_2016x1512

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies