AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Ou cambiamos ou a pesca artesanal e a acuicultura a pequena escala van camiño de converterse nun obxecto de museo”

16 Xuño, 2016 acuicultura a pequena escala, AGEe, GUE/NGL, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pesca artesanal

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), interviu este mércores na Comisión das Pescas do Parlamento Europeo, para defender a pesca artesanal e a acuicultura a pequena escala. A eurodeputada asegurou en Bruxelas que, de non cambiar e poñer enriba da mesa a problemática actual, “a pesca artesanal e a acuicultura a pequena escala converteranse probablemente en non moito tempo nun obxecto de museo”. Fronte e isto, Senra reclamou “coherencia” e que se poñan en marcha políticas que defendan e potencien este tipo de actividades en lugar de políticas que provocan o seu afogamento.

A eurodeputada afirmou que o desenvolvemento da chamada economía azul, “vai ser un golpe duro” para estes sectores e para as mulleres e homes que viven da pesca e do marisqueo. “En Galiza temos o exemplo dunha Lei de Acuicultura que pretendía desenvolver o Goberno galego e que tivo que ser retirada porque foi moi contestada polo sector porque era unha auténtica ameaza para a pesca artesanal e a acuicultura a pequena escala”, lembrou Lídia Senra, ademais de advertir que nun futuro non moi lonxano a explotación mineira dos fondos mariños ou os proxectos para o aproveitamenteo da enerxía das ondas ou das mareas ou de grandes parques eólicos no mar van ser un novo “ataque en toda regra á pesca artesanal e á pesca en xeral”.

Sobre a promoción do peixe e o mercado dos productos resultantes da pesca artesanal, Lídia Senra instou ás Administracións públicas para que entendan que unha parte moi importante da saída de consumo da pesca artesanal e da acuicultura a pequena escala está nos comedores dos colexios e do hospitais públicos. “En Galiza, os hospitais e escolas están sendo abastecidos con peixe importado a moi baixo prezo que destrúe economías locais tanto na Galiza como en países terceiros”, denunciou, e chamou a cambiar esa situación.

Vídeo da intervención completa aquí

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies