AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Os números están claros: hai riqueza abondo para vivir con dignidade, só hai que repartila mellor”

3 Outubro, 2018

 

  • O Parlamento Europeo debateu esta tarde a posibilidade de establecer unha renda mínima nos Estados membro para unha Europa “xusta”
  • Senra subliñou na súa intervención que o empobrecemento afecta moi especialmente á mulleres, mocidade, crianzas, persoas xubiladas e paradas
https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/10/Senra_031018_Valoración-debate-renda-mínima.mp4

 

Estrasburgo, 03 de Outubro de 2018. “As políticas de austeridade e as reformas estruturais impostas pola UE teñen provocado un aumento alarmante da pobreza e unha maior concentración da riqueza, especialmente no sur da Unión Europea”. Así situou esta tarde a eurodeputada da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, o marco do debate sobre o establecemento dunha renda mínima na UE que tivo lugar esta tarde na sesión plenaria do Parlamento Europeo.

No noso país, segundo datos do Instituto Galego de Estadística (IGE), catro de cada dez fogares galegos teñen dificultades para chegar a final de mes. Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), o  19% dos fogares do Estado están en risco de pobreza. Ademais, subliñou a galega, “esta pobreza tan rostro de muller, de persoa nova, de crianza, de persoa xubilada e de persoas desempregadas. É hora de reverter esta situación. Os números están claros: hai riqueza abondo para vivir con dignidade, só hai que repartila mellor”.

Se realmente a UE quere apostar por un modelo social que elimine ou, canto menos, mitigue a cada vez máis crecente desigualdade económica nos Estados membro, cómpre determinación e apostar xa por unha batería de medidas que aborde esta situación: “Reducir a xornada laboral; reparto do traballo; salarios dignos; prezos agrarios remuneradores; pensións de xubilación dignas garantidas polos orzamentos públicos; servizos públicos gratuítos e de calidade; políticas para garantir o dereito a unha vivenda digna e a prezos asequíbeis; poñer fin á fraude e á evasión fiscal e establecer a Renda Básica Universal para garantir que ningunha persoa sexa condenada a vivir na pobreza ou a aceptar empregos absolutamente precarizados”.

A eurodeputada galega realizou a súa intervención ante o pleno do Parlamento apenas unhas horas despois de participar nese mismo espazo no debate co primeiro ministro de Estonia, Jüri Ratas, ao que insistiu en que “o futuro de Europa pasa por activar medidas para loitar contra a pobreza e redistribuir a riqueza”.

Nesta interpelación ao primeiro ministro estonio Senra cuestionouno tamén  sobre as liñas de traballo a activar, situando como eixo principal afrontar os actuais retos que a UE ten no eido do benestar social: “Gustaríame saber que propostas ten enriba da mesa para combater o enorme desemprego que vai conlevar o que vostedes denominan a “cuarta revolución industrial”, que medidas para combater a enorme fenda de xénero e loitar contra a violencia machista e, xa que tanto falou de reforzar o militarismo e a seguridade, quixera saber cales son as súas medidas para traballar por unha cultura de paz”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies