AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Coloquio sobre o futuro do xeito e da pesca artesanal galega na UE, este venres ás 20:00 horas en Rianxo

4 Outubro, 2018 GUE/NGL, julio alcalde, Lidia Senra, pesca artesanal, Rianxo, rianxo en común, xeito

Acto Rianxo en azul 051018

  • O acto público será no edificio do Cuartel Vello, coa eurodeputada Lídia Senra e o coordinador de Rianxo en Común Julio Alcalde 
  • A parlamentaria informará das pretensións da CE para endurecer os mecanismos de control e o aumento a 50 mm da malla para a sardiña 

Santiago, 04 de outubro de 2018. Rianxo acollerá este venres, 5 de outubro, ás 20:00 horas, no edificio do Cuartel Vello (Praza Castelao, s/n), un coloquio sobre ‘O futuro do xeito e da pesca artesanal galega na Unión Europea’, no que intervirán a eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra; e o coordinador de Rianxo en Común, Julio Alcalde.

A eurodeputada anima a acudir a todas as persoas interesadas na situación do sector pesqueiro. Alí, informará das negociacións que se están levando a cabo nas institucións europeas e que poden poñer en perigo a arte pesqueira do xeito, que a Comisión Europea xa intentou prohibir no ano 2014 e que agora, cando se está tratando o novo Regulamento sobre a Conservación dos recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas, non está garantido que se vaia manter a dimensión da malla actual. “A proposta da Comisión é que a dimensión da malla para pescar especies peláxidas pequenas con redes de deriva como é o xeito sexa 50 milímetros e a nosa emenda para modificar isto non foi aprobada, igual que tampouco o foron as doutros eurodeputados no mesmo sentido”, asegura.  Senra leva tempo loitando para que se inclúa a especificación do uso de mallas de menos de 40 mm para a pesca da sardiña e chama a todo o sector a informarse e a mobilizarse na Galiza para facer forza e poder blindar esta exixencia, pois, do contrario, o sector podería verse moi afectado.

No coloquio tamén se abordará a modificación do Regulamento de Control da Pesca na UE que está a debate no Parlamento Europeo e que pretende aumentar a fiscalización ao sector e as medidas burocráticas e de control, algo que preocupa e moito, pois podería repercutir no futuro da flota galega. Durante o acto tamén se tratarán outras Resolucións aprobadas polo Parlamento Europeo como a que inclúe que en augas interiores a pesca accidental artesanal quede fora de cotas. Así, abordaranse medidas para que a Comisión e o Consello leven a cabo esta recomendación.

Co acto deste venres en Rianxo, a eurodeputada conclúe unha serie de coloquios sobre o sector pesqueiro que a levaron nas últimas semanas a protagonizar actos similares en Cangas e Cambados.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies