AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O Parlamento Europeo tínguese de loito acollendo a campaña galega En Negro contra as Violencias Machistas

7 Novembro, 2017 Galicia en Negro contra as violencias machistas, GUE/NGL, Lidia Senra, machismo, Parlamento Europeo, violencias machistas
  • A presidenta e o vicepresidente da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade da Eurocámara parabeniza a iniciativa impulsada polo Concello de Santiago 
  • A eurodeputada Lídia Senra reclama, acompañada de medio cento de representantes municipais e provincias galegos, tolerancia cero coas agresións machistas en todos os ámbitos, incluídas as institucións

F70A0837 

Bruxelas, 7 de novembro de 2017. O Parlamento Europeo tinguiuse este martes de loito acollendo a campaña galega En Negro contra as Violencias Machistas. A delegación integrada por medio cento de representantes municipais e provinciais galegos que chegou o luns pola tarde a Bruxelas, encabezada pola concelleira de Igualdade de Santiago, Marta Lois, e acompañada pola eurodeputada Lídia Senra, protagonizou esta mañá na explanada dianteira da Eurocámara unha acción de visibilización co obxectivo de chamar a atención para que a loita contra a violencia de xénero se incorpore como unha prioridade real na axenda política europea. A ela sumáronse eurodeputados e eurodeputadas de diferentes países, que en apoio á iniciativa galega vestiron a camiseta negra da campaña e presenciaron unha performance artística que cubriu de negro a praza da capital belga Solidarmosc 1980. 

Previamente, a delegación galega reuniuse a primeira hora da mañá de hoxe coa presidenta e o vicepresidente da Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero (FEMM) do Parlamento Europeo, a lituana socialista Vilija Blinkeviciute e o portugués membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Joao Pimenta Lopes, respectivamente. Á xuntanza tamén asistiron ademais da propia Lídia Senra, que exerceu de infitrioa, o eurodeputado socialista galego José Blanco e a eurodeputada asturiana, membro do GUE/NGL, Ángela Vallina. Todos eles parabenizaron á concelleira compostelá por impulsar a campaña En Negro contra as Violencias Machistas, que a día de hoxe conta xa con máis de 70 concellos adheridos e case 3.000 establecementos que secundan a iniciativa, e cualificaron de moi importante e un bo exemplo na loita contra esta lacra o Pacto Social Municipal galego contra as Violencias Machistas que presentou Marta Lois. 

Lídia Senra chamou a ter tolerancia cero coa violencia machista en todos os ámbitos, incluídos nas institucións, “xa sexan compañeiros de escano ou de partido os que a exerzan”. “É un escándalo os casos de acoso sexual que se están denunciando dentro do propio Parlamento Europeo”, dixo, e lembrou a resolución aprobada hai unhas semanas no pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo, que reclama que a Comisión Europea presente unha proposta de Directiva contra a violencia de xénero. “Temos que tomar boa nota da campaña galega En Negro contra as Violencias Machistas, todo un exemplo de cooperación e unión fronte ao machismo”, defendeu Senra, para asegurar que “desde o meu papel como eurodeputada continuarei a facer todo o posible para que a loita contra a violencia machista estea na axenda europea diaria”. 

A presidenta da Comisión de FEMM Vilija Blinkeviciute destacou o importante papel que realiza a política municipal na loita contra as violencias machistas e tomou nota da campaña galega para seguir traballando dentro da institución europea pola erradicación deste problema. O vicepresidente, o portugués Joao Pimenta, considerou ben interesante usar o plural para referirse a todas as violencias machistas que se dán hoxe en día. Neste sentido, reclamou o fin da violencia sexual, doméstica, e no ámbito laboral. “A igual traballo, igual salario, sexan home ou muller quen o desempeñe”, reclamou, e defendeu unha ruptura de fondo das políticas que imperan hoxe en día na UE para camiñar cara ao fin da violencia machista na sociedade e cara á total emancipación da muller. 

Pola súa banda, Ángela Vallina pediu que o poder xudicial “se poña as pilas” para evitar o nesgo machista co que moitas veces se trata ás vítimas de malos tratos; e José Blanco chamou a continuar a facer traballo conxunto, como ben impulsando a campaña galega, para lograr o obxectivo de igualdade plena. 

Segundo os datos da última Macroenquista de violencia contra as mulleres realizada no 2015 polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, un 13% das mulleres residentes no Estado español de máis de 16 anos declaran ter sufrido violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida por parte da parella ou exparella; un 26% violencia psicolóxica de control como celos, control de horarios e actividades; e un 20% violencia psicolóxica emocional como insultos, intimidacións, ameazas verbais, etc. Desde 2003 até maio do 2017, a Delegación do Goberno rexistrou 53 asasinatos machista na Galiza e 780 no Estado español.

20171107_100925

F70A0875

F70A0872

20171107_114639

20171107_100951

20171107_114538

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies