AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra chama a analizar e debater os avances e eivas do empoderamento das mulleres na esquerda

8 Novembro, 2017 Alexandra Fernández, Andrea Bernárdez, Asunción Bernárdez, Cangas, empoderamento das mulleres, Encarna Otero, esquerda, feminismo, GUE/NGL, Lidia Senra, Margarida López, Sandra Pesqueira
  • A eurodeputada organiza unha xornada este sábado en Cangas para intercambiar experiencias e análises desde unha perspectiva feminista 
  • A deputada Alexandra Fernández, a edil Sandra Pesqueira, a profesora Asunción Bernárdez e a historiadora Encarna Otero serán ponentes

 111117 Cartel xornada Empoderamento mulleres en horizontal

Santiago, 8 de novembro de 2017. O Salón de Plenos do Concello de Cangas acollerá este sábado, 11 de novembro, en sesión de mañá e de tarde, a xornada “O empoderamento das mullleres na esquerda política social”. O evento, aberto a todas as persoas que desexen participar, sen necesidade de inscrición previa, está organizado pola eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Lídia Senra. 

A europarlamentaria considera especialmente importante organizar actos desde tipo para debater e analizar en común os avances que ten logrado o empoderamento das mulleres na esquerda nas últimas décadas, pero tamén para prestarlle moita atención ás eivas. Así, Senra denuncia que a pesar de que na teoría as organizacións políticas e sociais de esquerda defenden a igualdade e a loita contra o machismo, a realidade é que na maioría dos casos continúan a ser os homes os que ocupan os postos de maior responsabilidade, exercen de portavoces e toman a maioría das decisións. “Non podemos permitir que isto continúe a ser así”, defende Senra, quen tamén fai un chamamento a exercer a tolerancia cero coa violencia machista en todos os ámbitos , incluído o institucional e as organizacións políticas e sociais. “Están a ser moi preocupantes os casos que se están a denunciar de acoso a mulleres no Parlamento Europeo, por exemplo”, dixo. “Ante a violencia sexista e o machismo, aínda que a exerzan homes que supostamente son os nosos compañeiros de partido ou de organización social, baixo ningún concepto se pode permitir”, afirmou.  “Non se pode permitir a ningún acosador ocupar cargos públicos”, enfatizou. 

A xornada de Cangas deste sábado comezará ás 11:30 horas, cun coloquio no que participarán como ponentes, ademais da propia Lídia Senra, a deputada en En Marea no Congreso do Estado español Alexandra Fernández, e a concelleira de Marea Marín Sandra Pesqueira. Baixo o título “Mulleres implicadas política e socialmente fronte ao machismo diario que continúa a imperar na maioría de organizacións de esquerda”, as tres representantes políticas expoñerán a súa visión e experiencia que viven día a día no desenvolvemento das súas funcións. Margarida López Barreiro, concelleira de Marea de Vigo, será a encargada de moderar esta mesa.

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, está previsto o coloquio “A raíz da violencia machista. Como se desenvolve e como se nos conta a historia”, no que intervirán como ponentes a profesora, feminista e activista nacionalista galega Encarna Otero, e a profesora da Complutense de Madrid que ten realizado numerosos traballos de análise da violencia machista nos medios de comunicación e no cine, canguesa de nacemento,Asunción Bernárdez Rodal. A membro de Alternativa Canguesa de Esquerdas, Andrea Bernárdez, moderará o debate.

111117 Programa Xornada Empoderamento Mulleres en Cangas

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies