AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O GUE NGL reivindica unha PAC orientada á xustiza social e á alimentación saudábel para toda a poboación

11 Xaneiro, 2018
O GUE/NGL avanzou hoxe a través dunha audiencia pública claves para facer fronte á sinerxia de liberalización da PAC proposta pola CE
Isabel Vilalba (SLG/LVC) e Lídia Senra reivindicaron unha PAC sostíbel social e medioambientalmente orientada á Soberanía Alimentaria
 
-110118PAC_GUE-NGL_2-min
Bruxelas, 11 de Xaneiro de 2018. Baixo o título “Construíndo un Manifesto para unha PAC xusta e ecolóxica” tivo lugar hoxe unha audiencia pública convocada polo Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) no Parlamento Europeo co obxectivo de obter insumos para reforzar a súa posición de grupo en materia de agricultura e facer fronte á futura reforma da Política Agraria Común a desenvolver a partir do 2020.
A eurodeputada galega Lídia Senra, responsábel do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, introduciu este debate lembrando que a proposta anunciada pola Comisión Europea (CE) a finais do pasado ano “en lugar de xestionar políticas agrarias redunda precisamente no seu desregulamento, abocando unha cuestión tan sensíbel para a nosa saúde como é a alimentación a estar supeditada aos intereses económicos das empresas privadas que forman parte do conglomerado agroindustrial, moitas delas ademais vinculadas tamén ao ámbito farmacolóxico”.
Xa no momento en que a Comisión Europea anunciou a súa proposta a eurodeputada criticou duramente a vontade continuista da mesma, que redunda precisamente na insostenibilidade social e mendioambiental á  que contradictoriamente di querer facer fronte, e así llo trasladou directamente ao Comisario de Agricultura Phil Hogan durante a súa presentación ao Parlamento Europeo en novembro do pasado ano.
Xunto con estas cuestións de fondo, Lídia Senra puxo hoxe tamén sobre a mesa a necesidade de por en valor a importancia da negociación colectiva, denunciando que “estase a tentarconstruír desde os gobernos estatais e dende a propia UE unhas organizacións que lembran moito ao “sindicalismo amarelo”; temos que ser moi críticas ca cantidade de cartos que se están a dar para financiar este tipo de estruturas feitas á medida das grandes industrias en detrimento das organizacións agrarias construidas polas propias labregas e labregos”.
Aliás, entre as súas denuncias, a representante do GUE-NGL reiterou tamén que precisamente as propostas que a CE plantexa para a PAC “non fan senon incidir en empeorar aquelas cuestións que supostamente pretenden enmendar, tales como o cambio climático, a posta en marcha de dinámicas de producción sustentábel ou facer fronte ao despoboamento das áreas rurais”.
Coincidiu tamén con este plantexamento Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG) e representante europea do movemento mundial La Vía Campesina, unha das participantes nos paneis desenvolvidos como eixos de debate da audiencia de hoxe. Vilalba chamou a atención sobre o feito de que o criterio que prevaleceu á hora de deseñar a reforma da política agraria europea presentada pola CE “primou os intereses da agroindustria e o criterio especulativo. As sucesivas reformas da PAC están enfocadas a favorecer a globalización económica poñendo a circular arredor do planeta materias primas baratas, non hai o compromiso co coidado da poboacións a través da alimentación que cabería agardar dunha institución pública”.
A Secretaria Xeral do SLG animou tamén a “non permitir un sistema dual de alimentación onde só quen teña máis recursos económicos poderá acceder a unha alimentación de calidade”. Fronte a este escenario reclamou a necesidade de “democratizar o sistema agroalimentario”, cuestión que pasa tanto por garantir unha alimentación saudábel para toda a cidadanía -a través de políticas agrarias orientadas á soberanía alimentaria dos pobos en base a modelos de produción agroecolóxicos-, como “ao mantemento de labregas e labregos en todo o territorio europeo e, en xeral, ao  respecto dos dereitos humanos, onde debemos prestar especial atención a combater cuestións como a discriminación estructural á que fan fronte as mulleres labregas e a situación de explotación á que se está a forzar a moita poboación migrante que traballa na produción de alimentos na UE”.
Tamén subliñou a gravidade dos abusos das grandes empresas ao longo das denominadas cadeas de valor, “prácticas agresivas como as que estamos a vivir nestes momentos por exemplo na Galiza cos contratos cas que as industrias lácteas queren forzar ás produtoras e produtores a aceptar prezos ruinosos e condicións que levan ao peche forzado das explotacións”. “O suicidio de persoas labregas, que xa leva anos acontecendo noutras zonas do planeta, está tamén comezando a verse en Europa en países como Francia, onde a dificilísima situación económica levou a que máis de 700 labregos e labregas se quitaran a vida só no ano 2016”, exemplificou.
Polo tanto, se é certo o argumento de que a UE quere facer políticas que salvagarden o campesiñado europeo e proporcionen unha alimentación da calidade á poboación,  estas teñen que ser reformuladas por completo. Así, abondando na reivindicación de que a Política Agraria Común sexa desenvolvida en base a un modelo sustentábel social e medioambientalmente, Isabel Vilalba chamou á responsabilidade cas vindeiras xeracións, “temos que que apostar por un modelo de produción agroecolóxico e relocalizar as dinámicas de comercialización, iso contribuiría a facer fronte ao cambio climático, melloraría a calidade dos alimentos e a situación do campesiñado europeo”.
Para iso é necesario tamén que se loite contra o acaparamento de terras, unha problemática cada vez máis preocupante en todo o mundo, tamén en Europa. “Segundo datos da propia UE o 52,2% da superficie cultivable da UE está en mans de tan so o 3,1% das explotacións”, lembrou, “iso implica que as corporacións fan un control absoluto da terra, do futuro da alimentación, da saúde das persoas”.  En relación a este aspecto, Vilalba trouxo a colación tamén a reiterada denuncia dos criterios de reparto das subvencións agrarias: “a UE non pode seguir financiando con cartos públicos aos que a propia CE denomina “agricultores de sofá”; “hai que esixir unha condicionalidade social das axudas públicas”, reivindicou.
Por ultimo, en calidade de representante do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra sinalou que dende o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea estase a traballar xa  nun informe de iniciativa para ir avanzando en situar claves como as tratadas hoxe de cara a avanzar estes criterios co obxectivo de que sexan incluídos na futura PAC 2020.
anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies