AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O Grupo de Amizade co País Vasco do Parlamento Europeo presentou hoxe en Bruxelas a súa posición sobre o desarmamento de ETA

29 Marzo, 2017 desarme, ETA, Euskadi, Grupo de Amizade co País Vasco, Lidia Senra, Parlamento Europeo
  • O Grupo leu unha declaración na que solicita unha reunión formal cos embaixadores dos Estados francés e español ante a UE
  • Insiste na necesidade de que os Gobernos español e francés non poñan obstáculos a este proceso como xa teñen feito con anterioridade

rolda1_2592x1944

Bruxelas, 29 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou esta mañá no Parlamento Europeo, en Bruxelas, nunha rolda de prensa do Grupo de Amizade co País Vasco, do que é membro, para saudar o anuncio do desarmamento de ETA e solicitar aos gobernos español e francés que faciliten o éxito do proceso. No acto participaron, ademais de Senra, a eurodeputada Martina Anderson (Sinn Fein), Mark Demesmaeker (ECR)e Josep Maria Terricabras (ERC).

TEXTO ÍNTEGRO DA DECLARACIÓN QUE SE LEU NA ROLDA DE PRENSA HOXE POLA MAÑÁ NO PARLAMENTO EUROPEO:

O Grupo de Amizade co País Vasco acolle con satisfacción o anuncio do desarme de ETA e pide aos Gobernos español e francés que permitan o éxito do proceso.

O Grupo de Amizade co País Vasco acolle con agrado as novidades dos grupos da sociedade civil vasca implicados no desenvolvemento dun proceso de desarmamento en Euskadi que ETA confiou á sociedade civil a responsabilidade de supervisar o desarmamento do seu arsenal e que na tarde do 8 de abril culminará co seu completo desarmamento.

Esta noticia foi aceptada como xenuína polas principais partes interesadas no País Vasco e as institucións vascas, tanto do norte como do sur, e a sociedade civil amosou o seu apoio ao proceso, que incluirá a verificación internacional para garantir que as armas non se utilicen.

Consideramos que o anuncio é unha moi boa noticia, sobre a base da declaración realizada en 2011, dous días despois da conferencia de paz de Aiete, que puxo fin á campaña armada. Este novo paso demostra o compromiso das forzas independentistas vascas e da sociedade civil vasca e queremos recoñecer o traballo que fixeron para que isto sexa posible.

Esperamos sinceramente que o Goberno español e o Goberno francés aproveiten esta oportunidade e non a obstaculicen, como en ocasións anteriores. Apelamos especialmente ao Goberno francés.

Este anuncio é tamén unha boa noticia para a seguridade, a paz e a democracia da UE, polo que pedimos ás institucións da Unión Europea que apoien este proceso na medida do posible.

Con este propósito, solicitamos unha reunión formal co Embaixador e Representante Permanente de Francia na Unión Europea, Sr. Nicolas Suran, e o Embaixador e Representante do Estado Español na Unión Europea, Sr. Pablo García-Berdoy, para dar a coñecer a nosa posición e o noso compromiso de apoiar o proceso de desarmamento, como un paso vital cara a unha paz completa e duradeira no País Vasco.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies