AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclama una distribución de TACs e cotas xusta e transparente coa pesca artesanal e de baixura

30 Marzo, 2017 Asoar-Armega, cota, GUE/NGL, Javier Costa, José Luís Rodríguez, Lidia Senra, Manuel Chedas, Parlamento Europeo, pesca, pesca artesanal, TAC
  • A eurodeputada moderou unha mesa de debate no Parlamento sobre a desigualdade na pesca e o impacto socioeconómico da pesca industrial 
  • No evento en Bruxelas participaron en vídeo o patrón maior de Cangas, o presidente de Asoar-Armega e un representante do arrastre de litoral

DSC05559_2592x1944

Bruxelas, 30 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), recibiu en Bruxelas as inquedanzas e reivindicacións do sector pesqueiro artesanal e de baixura de Galiza no marco dunha iniciativa centrada en analizar as desigualdades na pesca e o impacto dos superarrastreiros e as pesquerías industriais no sector artesanal e de baixura. Organizada polo GUE/NGL, na xornada participaron, a iniciativa da eurodeputada galega, o patrón maior de Cangas, Javier Costa, o presidente da Asociación Galega de Armadores de Artes Menores de Galicia, Jose Luís Rodríguez,- ámbolos dous mediante unha intervención gravada en vídeo- e Manuel Chedas, mariñeiro representante do pequeno arrastre de litoral e presidente da asociación estatal Mar Viva, galego de orixe mais afincado en Asturias. Xunto a eles, tomaron tamén a palabra representantes do sector en Irlanda, Portugal e Países Baixos.

Senra presentou e moderou o panel do evento dedicado a analizar as medidas da Política Pesqueira Común (PPC), unha oportunidade para elevar a Bruxelas que o sector artesanal e de baixura galego “quere un reparto xusto e transparente dos TACs e cotas, unha distribución que teña en conta o peso socioeconómico dunha actividade clave nas economías locais. Os repartos actuais consolidan un modelo insostible que só beneficia as grandes frotas industriais e compromete o futuro do sector”.

No mesmo panel, Javier Costa, patrón maior da Confraría de Cangas, defendeu “unha pesca artesanal fóra de TACs e cotas, xa que é unha actividade de pouco impacto ambiental que representa o 80% da frota artesanal do Estado”. Costa considera que “non se poden permitir as cotas por criterios históricos, que permiten que barcos no mesmo país leven o 48% das cota con menos barcos e outras frotas só o 17% cun número moito maior de buques como sucede no Estado español coa cota de xarda para o País Vasco e Galiza”.

José Luis Rodríguez, presidente de Asoar Armega (Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia) lembrou que colectivos como o seu “levan anos pedíndolle ao Goberno central un reparto xusto para todas as frotas fronte ao reparto insolidario, sen criterios de sostibilidade e nocivo para as economías locais. O artigo 17 da PPC obriga aos Estados membros a que o reparto teña en conta criterios socioeconómicos e ambientais, pero o que se fai é todo o contrario, recórtase a noso financiamento e mesmo se crean problemas entre compañeiros de distintas frotas. Isto non debe ser unha guerra entre distintas frotas, aquí non sobra ninguén”, defendeu. Rodríguez tamén amosou a súa preocupación polas consecuencias da prohibición dos descartes no sector artesanal. “Nunca tivemos descartes, é a UE coas súas normativas de distribución de cotas as que os xeran. As nosas artes non pescan xuvenís nin especies prohibidas. A UE debe analizar que artes están xerando os descartes e tomar medidas”.

Manuel Chedas, representante do arrastre de litoral e empregado nunha empresa asturiana, recordou que “nos anos oitenta xa imperaban polo Cantábrico grandes barcos industriais con grandes aparellos e tren de bolos que se facían notar nos caladoiros”, situación que non fixo máis que empeorar dende aquela debido “á asignación de cotas totalmente míseras”, “ a concesión de licencias de pesca a barcos portugueses con grandes aparellos” ou “a pesca masiva fronte ás nosas costas de barcos franceses e irlandeses con aparellos peláxicos”. Tanto o modelo como o sistema de traballo dos grandes barcos industriais son especialmente dramáticos para unha zona, subliñou Chedas, ”con tan pouca plataforma como é o Cantábrico. O impacto afecta a toda a frota do litoral”, expuxo.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies