AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Medio cento de eurodeputadas/os responden á chamada de Lídia Senra para demandar á CE medidas contra os lumes

31 Outubro, 2017
  • 52 Deputadas e deputados de cinco grupos políticos europeos apoian á galega nas súas propostas de medidas políticas para revitalizar o rural
  • Demandan servizos de extinción públicos e de calidade e instan á CE a averiguar que se atopa tras a problemática internacional dos incendios

Bruxelas, 31 de Outubro de 2017. Máis de medio cento de deputadas e deputados no Parlamento Europeo integrantes dunha ampla variedade de partidos políticos -GUE/NGL; Verdes-ALE; S&D; ALDE e EPP- subscribiron a iniciativa lanzada pola eurodeputada galega Lídia Senra para demandar ao Comisario de Agricultura, Phil Hogan, e ao de Medio Ambiente, Karmenu Vella, a posta en marcha inmediata de medidas para facer fronte aos cada vez máis numerosos e agresivos incendios forestais.

Na comunicación enviada hoxe a ámbolos dous comisarios, Lídia Senra -representante do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo-  advirte que vagas de lumes como as que afectaron ao noso país na fin de semana do 15 de outubro, así como os provocados nestes últimos meses tamén en Portugal ou Asturias, “poderíanse ter evitado cunha xestión política axeitada en lugar de seguir a afondar no abandono do medio rural pechando explotacións agrarias e alimentando unha política forestal desastrosa baseada no monocultivo de piñeiros e eucaliptos ”.

Indo a propostas concretas, as 52 eurodeputadas e eurodeputados que asinan esta carta coinciden con Senra en situar como unha cuestión central acometer unha reforma en profundidade da Política Agraria Común (PAC) baseada na posta en marcha de políticas de revitalización do medio rural: “o apoio decidido ao mantemento e instalación de labregas e labregos producindo alimentos en todo o territorio europeo; así como pór fin á forestación das terras agrarias e ao monocultivo do eucalipto  e do piñeiro, e promover e apoiar a recuperación e o valor social dos bosques autóctonos, fonte de riqueza e de biodiversidade, son actuacións políticas concretas que deben ser activadas xa”, detallou a deputada galega incidindo na importancia da prevención.

Asemade, esta chamada de atención da Eurocámara á Comisión Europea (CE) impulsada dende Galiza urxe ao ente comunitario a “actualizar o seu enfoque con respecto aos incendios forestais”,  asumindo a gravidade das consecuencias do quecemento global e desenvolvendo estratexias de prevención e extinción de lumes que teñan en conta o incremento das temperaturas medias e o acusado descenso de choivas que están a dar lugar, entre outras preocupantes consecuencias, á desestacionalización dos incendios forestais.

Nesta denuncia Lídia Senra fixo fincapé tamén na situación de precarización laboral na que se atopan as persoas que teñen que loitar contra o lume, traslandando á Comisión Europea a demanda do sector de avanzar inmediatamente cara o establecemento  de servizos de extinción de incendios “públicos e de calidade, que garantan condicións dignas de traballo e que permitan manter as labouras de prevención e coidado do monte ininterrumpidamente durante todo o ano”.

Como peche desta carta dirixida aos Comisarios de Agricultura e Medioambiente, a eurodeputada galega  chamou a facer unha fonda reflexión dende as institucións europeas sobre os numerosos e agresivos incendios forestais que están a afectar á UE, “esta problemática ten un carácter internacional. Cómpre averiguar que intereses hai detrás do lume”, instou.

 

GAL-Carta Comisarios Agricultura e Medio Ambiente_Lumes_311017-page-001

GAL-Carta Comisarios Agricultura e Medio Ambiente_Lumes_311017-page-002

GAL-Carta Comisarios Agricultura e Medio Ambiente_Lumes_311017-page-003

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies