AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Mariscadoras galegas esixen na UE medidas para mellorar a situación das traballadoras do mar

8 Setembro, 2016 AGEe, bateeiras, GUE/NGL, Lidia Senra, mariñeiras, mariscadoras, mulleres, Parlamento Europeo, pesca artesanal, pescadoras, redeiras
  • A presidenta da Agrupación da Confraría de San Telmo de Pontevedra explica no Parlamento Europeo, convidada por Lídia Senra, o papel das mulleres na pesca
  • O 36 por cento do persoal que se adica actualmente á actividade pesqueira en Galiza é feminino

 a-delegacion-galega-no-seminario-de-pesca-artesanal-da-ue

Bruxelas, 8 setembro 2016. As traballadoras do mar galegas tiveron este xoves voz no Parlamento Europeo e aproveitaron a oportunidade para esixir en Bruxelas medidas que melloren a súa actual situación. Foi no marco da xornada “Defensa e protección da pesca artesanal e de pequena escala”, que hoxe remata despois de dous días de debate e análises, e que estivo organizado polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), no que xunto con representantes irlandeses e portugueses a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, exerceu de coordinadora do evento internacional.

Lídia Senra destacou a importancia de visibilizar o papel das mulleres na pesca, un colectivo que a cotío é silenciado, e valorou moi positivamente o desenvolvemento deste foro e a voz feminina no mesmo para poder reivindicar directamente a súa situación.

Nunha mesa a primeira hora da mañá deste xoves na que tamén estivo como relatora Lia Ní hAodha, investigadora da Universidade Metropolitana de Manchester, e que moderou a propia Lídia Senra e  Liadh ní Riada, eurodeputada do Sinn Féin, Ángela García Torres, presidenta da Agrupación de Mariscadoras da Confraría de San Telmo de Pontevedra reclamou unha serie de medidas encamiñadas a lograr a vida digna e a saúde das mariñeiras. Así, demandou a necesidade de que se aseguren as axudas ás mulleres concedéndolles os subsidios por desemprego en caso de interrupción da actividade; que aumente o coeficiente redutor para a xubilación das traballadoras do mar debido á dureza e penosidade das condicións laborais; que se melloren as condicións da contorna do traballo, modernizando infraestruturas, maquinaria e equipamentos; ou que se recoñezan as enfermidades profesionais. “É necesario que os Estados membros da UE regulen e recoñezan como enfermidades profesionais as lesións nas articulacións, a columna vertebral e as doenzas reumáticas provocadas polas duras condicións meteorolóxiccas nas que traballamos, así como as enfermidades derivadas polo levantamento de pesos excesivos”, exclamou García Torres.

Facilitar o acceso das mulleres, especialmente das máis novas, o acceso á formación específica, que se garanta o relevo xeracional, que se remodele a frota e se ofrezan bolsas para a formación en materia de seguridade e que se tomen medidas para un maior control e vixilancia do intrusismo profesional e o furtivismo foron outras das cuestións demandadas.

Na xornada, -para a que se desprazaron a Bruxelas case unha vintena de mulleres e homes do sector pesqueiro galego que durante dous días estiveron participando do debate no Parlamento Europeo-, Ángela García Torres explicou ás eurodeputadas e eurodeputados de varios países presentes no evento que para comprender a relevancia da presenza feminina na pesca é necesario ter en conta que en Galiza o 36% do persoal adicado á actividade pesqueira é feminino. Dentro da pesca e centrándose só na actividade marisqueira galega, da que dependen os ingresos de máis de 3.800 persoas no noso país, o 82% son mulleres. Tamén nas empresas de procesado e conserveiras galegas a presenza de mulleres é moi destacada e segundo denunciou Ángela García, o seu salario medio só acada os 830 euros ao mes. Mención especial recibiron tamén as redeiras por traballar nun contexto de gran competencia debido ao intrusismo laboral; as percebeiras e pescadoras de artes menores ou de marisqueo a flote, que son un número moi reducido; as pescadeiras, que realizan xornadas laborais de máis de 9 horas diarias, sendo o colectivo coa xornada máis longa; e as bateeiras.

Na actualidade, o 29% das afiliadas ás Confrarías de Pescadores de Galiza son mulleres; hai 14 patroas maiores; o dobre de vicepresidentas; case 200 vogais nas xuntas xerais dos 63 pósitos galegos son mulleres; e no máximo órgano de goberno da Federación Galega de Confrarías o 24% dos representantes son mulleres. “Avanzamos moito, pero aínda queda moito máis por facer. É necesario seguir fomentando a promoción da muller no mercado laboral, potenciar o emprendemento feminino, mellorar as nosas condicións laborais e calidade de vida e impulsar a non discriminación”, reclamou no Parlamento Europeo a pontevedresa.

Ángela García pediu que se fomente e apoie economicamente o asociacionismo entre as mulleres mediante redes de mulleres a escala galega, estatal e europea para aumentar a visibilidade do seu papel no sector da pesca e sensibilizar á sociedade e facilitar o intercambio de experiencias. “Cremos que a maior participación das mulleres nos procesos de toma de decisións contribuiría a unha mellora do sector”, asegurou a mariscadora, quen reclamou buscar opcións que posibiliten o incremento dos ingresos das traballadoras do mar, incluída unha suba dos prezos de venda dos produtos, mellora dos salarios das traballadoras por conta allea e do prezo polo seu traballo.

sala-na-que-se-desenvolveu-o-seminario-no-momento-da-mesa-con-angela-garcia

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies