AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Mariñeirxs galegxs denuncian en Bruxelas que as políticas da UE só xeran a destrución do emprego

7 Setembro, 2016 AGEe, GUE/NGL, Javier Castro, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pesca artesanal
  • Este mércores pola tarde comeza no Parlamento Europeo o seminario “Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala”
  • A delegación galega convidada por Lídia Senra a participar no evento internacional criticará os TACs e a subvención dos desguaces da frota

 Delegacion galega pesqueira á súa chegada ao Parlamento Europeo hoxe

Bruxelas, 7 setembro 2016. “Galicia é, dentro da Unión Europea, un dos países máis altamente dependente do mar, e as actividades relacionadas coa pesca, marisqueo e acuicultura teñen unha significación socio-económica enorme, tendo un grande efecto multiplicador nas empresas distribuidora e transformadora. A escasea de cotas obriga a amarrar barcos, perdendo capacidade de xerar riqueza, e as políticas da UE ano tras ano levan á precariedade laboral e á destrución de emprego. Se non reaccionamos pronto, será tarde”.  Son palabras de Javier Castro, armador dunha embarcación de pesca de baixura adicada ao percebe e directivo da confraría de pescadores de Ferrol, que este mércores pola tarde intervirá no Parlamento Europeo, dentro da xornada “Defensa e protección da pesca artesanal e de pequena escala” que organizada o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e que xunto con representantes irlandeses e portugueses estivo a coordinar a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europea (AGEe) Lídia Senra.

Javier Castro será na mesa de relatores deste seminario internacional a voz do sector pesqueiro galego hoxe e tomará a palabra para denunciar en Bruxelas que as políticas da UE “só xeran a destrución de postos de emprego, tanto directos como indirectos”. No seminario, para o que se desprazaron ata Bruxelas case unha vintena de mariñeiras e mariñeiros galegos procedentes de Poio, Corcubión, Cee, Muxía, Vigo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Viveiro e Ribadeo, as e os pescadores galegos denunciaron que o tipo de “xestión empresarial” que leva anos aplicando a UE e o sistema de cotas e de TACs fai que os grandes perxudicados sexan os buques pesqueiros que desenvolven a súa actividade nas poboacións costeiras. “Estamos ante un sistema capitalista mercantilista que nos vai levar a que os pequenos armadores van desaparecer  e as cotas pesqueiras van concentrarse nas mans duns poucos, dos que teñen diñeiro para compralas, de xeito que os ricos serán máis ricos e os pobres cada vez máis pobres”, denunciará.

Castro referirase tamén á maneira actual de avaliar o estado recursos e criticará que “os científicos non teñen comunicación cos pescadores”, xa que, ao seu xuízo, “senón non se explica que uns digan que non hai peixe e impoñan TACs á baixa, e outros, os mariñeiros, digamos que si que hai peixe porque o vemos todos os días no mar”.

Da mesma maneira, o pescador galego poñerá a énfase na súa intervención en criticar que a política da UE non exclúa a pesca artesanal dos TACs e cotas, “cando debería de estar exenta” e defenderá que o Estado español debería de aplicar a súa “soberanía exclusiva nas 12 millas”.

Desde o ano 2004 a 2015, os buques pesqueiros con base na Galiza reducíronse nun 20,3%, pasando de 5.565 no ano 2004 a 4.438 no 2015. No caso dos barcos de altura en zona comunitaria, reduciuse nun 50% dende o 2004 ao 2015. Respecto das artes menores, o efecto vese agravado coas capturas accidentais e a frota de artes menores do caladoiro no ano 2015 tiña 935 buques menos que en 2004.

Na súa quenda, Javier Castro tamén terá tempo para falar da política de axudas e subvencións. Neste sentido, criticará que a UE “estea a subvencionar os desguaces, a paralización definitiva e o abandono da actividade”. “As axudas que recibe o sector son subvencións para desguazar a frota e o Estado español acepta os TACs e cotas establecidas pola UE, recoñecendo sobrefrota e elaborando un plan de acción para eliminar 10 barcos mensuais ata 2020, do cal Galiza acapara o 42,2%”, explicará. “O que se fomenta é precisamente o despezamento da frota artesanal, xa que é moi significativo que as primas por GT para os barcos de menos de 12 metros sexan ata 4 veces máis que as de barcos de máis de 18 metros”, denunciará.

Castro concluirá o seu relatorio preguntando tamén a onde foron parar os cartos europeos para sanear as rías galegas, facendo referencia a unha mala xestión que está levando a que se perdan moitas zonas de produción por culpa da contaminación mariña.

(O seminario pódese seguir en vídeo en directo desde esta tarde e ata mañá ao mediodía picando neste enlace)

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies