AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reclámalle ao Consello da UE que acabe coa discriminación da pesca artesanal no reparto de cotas

12 Xullo, 2017 augas, cotas pesqueiras, GUE/NGL, Lidia Senra, Marrocos, pesca artesanal, Sahara Occidental, TAC
  • A eurodeputada recordou ante o ministro estono de Medio Ambiente os desequilibrios que sofre a pesca a pequena escala fronte á industrial 
  • Condena nunha intervención na Comisión de Pesca a decisión ilegal de Marrocos de incorporar como propias as augas do Sáhara Occidental

 

Bruxelas, 12 de xullo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), tomou a palabra este mércores  na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para dirixirse a Siim Valmar Kiisler, ministro de Medio Ambiente de Estonia, país que ocupa a presidencia rotatoria do Consello da UE, e reclamar que nas próximas negociacións para o reparto dos TACs de 2018 se aborde dunha vez por todas e con criterios transparentes o reparto xusto das posibilidades de pesca, que actualmente é discriminatorio coa pesca artesanal, de baixura e a pequena escala e tamén entre países. “Pensa esta presidencia facer algo para acabar coa discriminación que sofre a pesca artesanal, de baixura e a pequena escala na distribución de cotas?”, interpelou a eurodeputada galega. O ministro estono recoñeceu que a pesca artesanal e costeira precisa “dunha atención especial” e que se teña en conta o peso socioeconómico desta actividade nas comunidades costeiras, resposta que Senra anima a facer valer nos próximos meses “para que non quede, unha vez máis, en boas intencións que non se levan a cabo na práctica”.

Ademais, a eurodeputada preguntoulle ao ministro estono cal é a postura da nova presidencia do Consello sobre o decreto co que Marrocos acaba de incorporar o mar do Sáhara Occidental ás súas augas territoriais, malia a sentencia do Tribunal de Xustiza da UE a finais do ano pasado pola que os mencionados territorios ocupados quedan excluídos da aplicación do Acordo de Asociacións entre a UE e Marrocos. “Que o ministro responda que o Acordo ten salvagardas dabondo sobre os dereitos humanos do pobo saharauí é unha proba máis de que o Consello non está tomando en serio a sentenza de 2016, que deixa moi claro que dito acordo non pode implicar ao Sáhara Occidental por non tratarse de territorio marroquí e non dar o seu consentimento o pobo saharauí”, lembrou Senra.

A este respecto, a eurodeputada acaba de presentar no Parlamento Europeo unha proposta de resolución xunto á tamén eurodeputada do GUE/NGL Paloma López Bermejo sobre esta anexión ilegal das augas territoriais do Sáhara Occidental por parte de Marrocos, na que se insta á Comisión Europea a facer cumprir a sentencia do Tribunal de Xustiza da UE e excluír os territorios ocupados e os seus recursos naturais dos acordos co reino de Marrocos. 

Senra considera que o decreto adoptado o pasado 6 de xullo polo Goberno de Marrocos sobre o mar do Sáhara Occidental é unha anexión máis, continuación do crime de agresión que supuxo a invasión do Sáhara Occidental por parte de Marrocos coa Marcha Verde. Dende hai máis de 40 anos, Marrocos continúa a súa ocupación militar da maior parte do Sáhara Occidental, territorio que dividiu cun muro militar de máis de 2.700 quilómetros para asegurar o espolio colonial dos seus recursos naturais, os fosfatos no territorio e o control das augas saharauís e o seu rico banco pesqueiro. Agora a decisión de aprobar a súa anexión de feito das augas saharauís, ten que ver co descubrimento dunha gran reserva de telurio no Tropic, monte submarino no fondo oceánico da zona canaria-saharauí. Esa zona parece ser rica en telurio e outros minerais como o cobalto ou o platino, empregado pola industria de telecomunicacións e para a fabricación de paneis solares.

Na proposta de Resolución sobre este tema, Lídia Senra e Paloma López Bermejo lembran que o Dereito internacional non recoñece ningunha soberanía ou xurisdición marroquí sobre as augas territoriais do Sáhara Occidental, ao sur do paralelo 27º 40N, como se afirma na Carta das Nacións Unidas e na Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar (CNUDM) e se establece na Opinión Consultiva da Corte Internacional de Xustiza sobre o Sáhara Occidental, de 1975, e no ditame xurídico das Nacións Unidas de 2002.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018
Carta a Vella sobre o reparto de cotas de xarda_WEB

Senra pide á CE a carta coa que o Estado español xustifica a discriminación da Galiza no reparto de cotas

28 Novembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies