AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra: “Os documentos secretos da sala de lectura do TTIP non mostran o que en realidade se negocia”

20 Outubro, 2015 acordos comerciais, agricultura, benestar animal, bruxelas, CETA, clonaxe, Comisión Europea, crise agrícola europea, crise de dereitos, economía rural, estafa financieira, leite, liberalización comercial, libre mercado, Lidia Senra, OMC, Organización Mundial do Comercio, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade, TISA, TTIP
  • A eurodeputada de AGEe accedeu esta mañá á sala de lectura do TTIP no PE para revisar documentos relativos a agricultura e alimentación
  • Alerta da estratexia combinada de tratados de liberalización comercial en conxunción ca reactivación da Organización Mundial do Comercio

Bruxelas, 20 Outubro 2015.  A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, accedeu esta mañá por segunda vez[1] á sala de documentación confidencial da Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión (ACTI), tratado de liberalización comercial máis coñecido pola súas siglas en inglés, TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership).

En consonancia ca sensación desprendida da primeira consulta, realizada o pasado mes de xuño, a selección de documentos a disposición das eurodeputadas/os “pon de manifesto que realmente as cousas importantes non están nesta sala”, valorou a eurodeputada galega. A grandes rasgos, podemos concluír que a documentación revisada hoxe “non permite saber exactamente en que punto están as negociacións e que se está a debater en materia de agricultura”, constituíndo “unha mostra máis das graves eivas en materia de democracia das que adoece esta Unión Europea”.

A eurodeputada galega apuntou a posibilidade de que este pronunciado escurantismo na documentación referida a agricultura se deba precisamente “a que hai moito en xogo: a alimentación, o principio de precaución, os postos de traballo directos e indirectos e, en definitiva, todo o que conleva a actividade agraria a nivel da UE e dos EEUU”.

En relación ao avance das políticas de liberalización comercial e a destrución de políticas públicas en eidos como o agrícola, Lídia Senra aproveitou tamén para destacar a “fonda preocupación” en canto ao feito de que se estean a retomar as negociacións de acordos de liberalización comercial no marco da Organización Mundial do Comercio (OMC), como así confirman a propia OMC e o Parlamento Europeo.

Estas negociacións ficaron practicamente paradas no ano 2006, logo de fortísimas mobilizacións por parte dos movementos sociais, entre os que cabe salientar o movemento agrario global La Vía Campesina Internacional, que exerceu unha forte oposición á inclusión da agricultura e a alimentación na OMC.

Aliás, dita sinerxia de reactivación da Organización Mundial do Comercio, apunta Senra, podería gardar relación directa ca forte oposición que a cidadanía está a manifestar contra o TTIP, de tal xeito que se estea a pretender “retomar” a estratexia dunha organización global que pilote a liberalización comercial a escala planetaria.

Ademais, córrese o risco de que os tratados bilateriais e multilaterais asinados dende a paralización da Ronda de Doha no ano 2006 sexan insertados na OMC, conlevando a fixación das cotas de poder acadadas polas empresas transnacionais ao abeiro das políticas socioeconómicas neoliberais impulsadas na década dos 80 polo denominado Consenso de Washintgon.

Dende AGEe valoramos que “hai que poñer o foco de novo na OMC e seguir avanzando na oposición a este tipo de acordos, chámese OMC, chámese TTIP, CETA ou TISA”, xa que “trátase de acordos e ferramentas capitalistas neoliberais para favorecer os intereses das grandes corporacións en detrimento da cidadanía e da sociedade en calquera parte do mundo”.

Recuperamos, xa que logo, a consigna do ano 2006 “A agricultura e a alimentación fóra da OMC”, e reiteramos “A agricultura e a alimentación fóra da OMC, fóra dos tratados de liberalización comercial, e baixo o control dos pobos no marco da soberanía alimentaria”.

 

[1]Vídeovaloración de Lídia Senra logo de acceder por primeira vez á sala de lectura do TTIP no Parlamento Europeo: https://www.youtube.com/watch?v=AhqmKGemXj8&feature=youtu.be

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies