AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta ao secretario xeral de Pesca a apostar pola pesca artesanal, de baixura e marisqueo

12 Xuño, 2017 acuicultura, Alberto López-Asenjo, GUE/NGL, Lidia Senra, pesca artesanal
  • A eurodeputada acolle con indignación as explicacións dadas por Alberto López-Asenjo no Senado a favor da acuicultura industrial 
  • Reclámalle ao Estado que non apoie “os cebadoiros de peixe” e lexisle para que o crecemento azul non poña en perigo o recurso natural 

Santiago, 12 de xuño de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), amosou este luns a súa indignación ante a intención do Goberno estatal español de tratar a acuicultura como unha “prioridade” para este ano. A europarlamentaria, que leva toda a lexislatura loitando na defensa dos intereses da pesca artesanal, asegurou hoxe que “non podemos máis que condenar que a prioridade do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para abastecer o consumo de peixe sexa seguir contribuíndo a facer das nosas rías auténticas cloacas e converter as comarcas que dependen da pesca en auténticos desertos”.

Senra reacciona así despois de que o secretario xeral de Pesca, Alberto López-Asenjo, comparecera a semana pasada na Comisión de Orzamentos do Senado para dar conta dos plans do seu departamento para este 2017. “Tal e como recolleron varios medios, o secretario xeral afirmou que “a acuicultura é unha prioridade” e que será o “eixo vertebrador” do sector. “Tamén dixo que temos que cubrir as necesidades do consumo de pescado e que a acuicultura de España está para iso”, engadiu Senra, para quen estas intencións son “intolerables desde o punto de vista dunha economía e medio ambiente sostible”.

Lídia Senra denunciou que un dos obxectivos da Política Pesqueira Común (PPC) é “o desenvolvemento da acuicultura en beneficio das grandes empresas do sector”. “Esta é tamén a prioridade do Ministerio ao igual que a da Xunta de Galicia, manifestada xa naquel proxecto de Lei de Acuicultura que o Goberno galego tivo que retirar debido ás fortes mobilizacións en contra que se deron”, lembrou a deputada. Así, Senra advertiu de que “o modelo de acuicultura que o Ministerio pretende desenvolver non é mais que o modelo industrial de cebo de peixe que ocupará as nosas rías, desprazando aos nosos pescadores e pescadoras; destruirá postos de traballo directos e indirectos (moitos máis dos que vai crear); e os produtos utilizados como os medicamentos, entre eles antibióticos, os restos dos alimentos ou os excrementos dos peixes van incrementar moi fortemente a contaminación das rías, con malas consecuencias para a supervivencia dos peixes e os mariscos”.

A europarlamentaria explicou que “non concordamos en absoluto en que a vía para cubrir as necesidades do consumo sexa o cebo industrial de peixes“. Así, criticou que “se pretenda manter como prioridade un modelo de pesca industrial orientado non a pescar para as necesidades alimentares da poboación, senón a xerar descartes que despois serán desembarcados obrigatoriamente para seren destinados como materia prima barata para a elaboración de fariñas para a industria da acuicultura”. Outro sector beneficiado serán tamén os laboratorios que fornecerán os antibióticos e outros produtos imprescindibles neste modelo de produción industrial e intensivo”, dixo.

Fronte a iso, asegurou que “se de verdade o Ministerio quere vertebrar o sector, asegurar a sustentabilidade pesqueira e impulsar a política social como di o secretario xeral de Pesca, ten que abandonar a acuicultura industrial e orientar a política pesqueira ás necesidades alimentarias da poboación e non á potenciar a gran pesca industrial para beneficio exclusivo dun reducido número de grandes empresas“.

Así, chamou ao Ministerio a orientar as súas políticas con carácter inmediato a priorizar e potenciar a pesca artesanal, a de baixura e o marisqueo. Tamén a abordar inmediatamente un reparto xusto do dereito a pescar, que non discrimine a pesca artesanal e a pequena escala, e tampouco a uns pescadores con respecto a outros, como sucede na actualidade coa xarda entre provincias (onde os barcos de Pontevedra traballaron 7 días, os da Coruña 14 e os de Lugo 17). Ademais, Senra considera fundamental acometer a limpeza e rexeneración da rías e non apoiar, nin consentir que o desenvolvemento do chamado “crecemento azul” poña en perigo os recursos pesqueiros.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Marzo 2023
M T W T F S S
« Mai    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies