AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra insta á UE para frear a discriminación entre países e frotas no reparto do dereito a pescar

23 Marzo, 2017 Comisión de Pesca, contaminación, cotas, GUE/NGL, Karmenu Vella, Lidia Senra, Parlamento Europeo, pesca, TAC, UE
  • O comisario Karmenu Vella toma nota da denuncia da eurodeputada galega e chama aos Estados a “ter en conta os criterios medioambientais e sociais” no reparto das cotas 
  • A europarlamentaria reclama na Comisión de Pesca que se adopten medidas fronte ao impacto que ten a contaminación das augas na reprodución das especies, tamén nas de interese para a pesca

 

Bruxelas, 23 de marzo de 2017. A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou este xoves pola mañá en Bruxelas no debate que os membros da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo mantiveron con Karmenu Vella, comisario do ramo, sobre o diálogo estruturado que fará balance do traballo destes últimos anos e as previsións para os dous próximos en materia de asuntos marítimos. A eurodeputada galega preguntou que medidas pensa tomar a Comisión Europea ante a discriminación no reparto ao dereito a pescar entre os Estados e, dentro destes, entre os países e as diferentes frotas, e interesouse tamén pola contaminación das augas, “unha gran preocupación entre as comunidades pesqueiras polo seu impacto na reprodución das especies e polo tanto nas especies de interese para a pesca”.

Karmenu Vella respondeu que “son os Estados membros” os que fan a distribución dos Totais Adminisibles de Capturas (TAC) entre a frota do país e que dende a Comisión “instáse a que se teñan en conta criterios medioambientais e sociais nese reparto”. “Unha vez máis, a Comisión elude a súa responsabilidade”, valorou Senra a posteriori, xa que “se ben é certo que o reparto interno é cuestión dos Estados, tamén é certo que son responsabilidade europea os criterios para asignar o dereito a pescar entre os Estados.

No relativo á contaminación dos océanos, Vella recoñeceu que a Comisión “non está a ser capaz de poñerlle freo”. Mencionou as medidas relativas a evitar a contaminación por plásticos incluídas no paquete de economía circular e dixo que a Comisión fará a finais de ano unha proposta de estratexia específica para a reciclaxe do plástico e frear deste xeito o seu vertido aos mares.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018
Carta a Vella sobre o reparto de cotas de xarda_WEB

Senra pide á CE a carta coa que o Estado español xustifica a discriminación da Galiza no reparto de cotas

28 Novembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies