AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra denuncia na Comisión Europea as verteduras da depuradora de Ponteareas ao río Tea

18 Abril, 2018 Adenco, augas residuais, depuradora, GUE/NGL, Lidia Senra, Ponteareas, rio tea, vertidos
  • A eurodeputada rexistra un escrito instando á CE a emprender as accións necesarias para que deixe de danarse dunha vez esta zona Rede Natura 2000 
  • Critica que aínda a día de hoxe siga habendo un mal tratamento das augas residuais a pesar do procedemento europeo sancionador de hai dez anos

Pregunta rio Tea depuradoraSantiago, 18 de abril de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra ven de denunciar ante a Comisión Europea (CE) as continuas verteduras de augas sen depurar que realiza a depuradora de Ponteareas ao río Tea. Senra rexistrou esta mesma mañá unha pregunta por escrito dirixida á CE, na que informa ao ente comunitario de que a pesar das moitas denuncias que se teñen tramitado por parte de diversas organizacións ante a Garda Civil, a Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o propio Concello de Ponteareas, a depuradora continúa vertendo “en grandes cantidades auga sen tratar correctamente a este espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

A europarlamentaria insta á CE a ver as imaxes gravadas en vídeo hai uns meses polo grupo ecoloxista Adenco[1], que provocaron a apertura dun expediente sancionador[2] ao Concello por parte da Confederación Hidrográfica, e lembra que esa situación súmase á xa acontecida no ano 2013, cando xa lle impuxo ao ente municipal unha multa que ascendía a 84.000 euros por vertidos semellantes. “Queda comprobado que as multas non están a ser efectivas, e que a pesar das grandes cantidades de diñeiro público que o Concello gasta en afrontar esas sancións, o problema non se soluciona e as augas siguen a contaminar o río ano tras ano”, lamenta.

Así, Lídia Senra lembra tamén como xa fai unha década a Comisión Europea levou a cabo un procedemento de infracción[3] contra o Estado español por non cumprir a Directiva 91/271/CEE[4] sobre o tratamento da saugas residuais urbanas en Ponteareas. E tendo en conta que a situación de contaminación na zona non está arranxada, pregúntalle á Comisión Europea se ten previso emprender algún tipo de nova acción para evitar dunha vez que este espazo natural de importancia comunitaria continúe a ser danado. Senra pregunta a CE está investigando xa ou vai investigar a situación e reclama unha solución efectiva xa.

[1] https://www.facebook.com/adenco/videos/1464663860298465/

[2] https://www.20minutos.es/noticia/3263544/0/confederacion-mino-sil-abre-expediente-sancionador-ponteareas-por-vertidos-al-rio-tea-desde-depuradora/

[3]http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2009-0538+0+DOC+XML+V0//PT

[4] https://eur-lex.europa.eu/legal-content/PT/TXT/PDF/?uri=CELEX:31991L0271&from=ES

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies