AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra demanda no Parlamento Europeo un tratamento integral conta a violencia machista

25 Novembro, 2015 crise de dereitos, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, feminicidio, feminismo, Lidia Senra, machismo, políticas públicas, violencia machista

 

  • O Parlamento solicitará hoxe por segunda vez á Comisión Europea que propoña unha “Directiva sobre a loita contra a violencia cara a muller”
  • No que levamos de ano, contabilízanse 48 asasinatos machistas no Estado español, un máis que o ano pasado nestas datas

 

Estrasburgo, 25 Novembro 2015. Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Parlamento Europeo (PE) debaterá en sesión plenaria en Estrasburgo [ORDE DO DÍA] unha pregunta oral dirixida á Comisión Europea (CE), remitida pola Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero do PE co obxectivo de avanzar na eliminación da violencia contra a muller na Unión Europea (UE). Tamén reiterará á Comisión que considere propor unha “Directiva sobre a loita contra a violencia cara a muller”, conforme ao solicitado polo propio Parlamento Europeo no 2014[1].

Pasada unha semana dende a realización do seminario “O sesgo machista na aplicación das políticas: O caso da xustiza”, organizado por Alternativa Galega de Esquerda en Europa no Parlamento Europeo (Bruxelas), a eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, reivindicou “a necesidade dun tratamento integral contra a violencia machista”, xa que, “a estas alturas está máis que comprobado que non abonda tan so con poñer denuncias, e cando as institucións se centran só niso evidencian que non comprenden a verdadeira dimensión deste feminicidio”.

Tomemos por exemplo o caso do Estado español, onde “logo dunha década aplicando lexislación contra a violencia, este ano 48 homes asasinaron ás súas parelllas ou ex-parellas, seis delas na Galiza”, lembrou Senra.

Ademais, inda no caso de que a denuncia avance, “cal é a protección que os Estados fornecen aos fillos e fillas destes homes maltratadores?”, cuestionou a eurodeputada galega, “só neste ano, alomenos 8 nenas e nenos foron asasinados polos seus pais como xeito de atacar ás nais; os datos oficiais falan de aproximadamente 50 nenas e nenos asasinados nos últimos dez anos no Estado”.

“A violencia contra as mulleres constitúe un problema estrutural, provocado polo machismo imperante a nivel global”, analizou a eurodeputada galega. Segundo datos de ONU Mulleres, en todo o mundo, unha de cada tres mulleres ten sufrido violencia física ou sexual, principalmente por parte dun compañeiro sentimental, unha situación que se visibiliza en feitos como que no ano 2012 a metade das mulleres asasinadas no mundo tiveron como verdugo ao home co que mantiñan unha relación.

“A violencia machista parte da desigualdade, da discriminación da metade da humanidade”, e ese é un dos motivos polos que non consegue facer reaccionar aos poderes do Estado nin ás institucións, apuntou Lídia Senra, xa que, “malia a súa magnitude, afecta a un sector da poboación que está nunha situación de falta de igualdade á hora de facer valer os seus dereitos”. E, para facermos fronte, “é imprescindíbel que a loita contra esta violencia estrutural contra as mulleres en todo o mundo sexa asumida como unha responsabilidade de toda a sociedade”.

 

 

[1]Consultarán tamén, entre outros aspectos, se ten pensado avaliar a necesidade de activar a “cláusula pasarela” mediante la inclusión violencia machista lista de ámbitos delictivos recollidos no Artigo 83, apartado 1, do Tratado de Funcionamento da Unión Europea. O Parlamento tamén fará un chamamento para establecer o 2017 como Ano da UE para Eliminar a Violencia contra a Muller. A “cláusula pasarela” establecida polo Tratado de Lisboa constitúe un segundo procedemento de revisión simplificada. Esta cláusula permite a adopción dun acto segundo modalidades distintas ás previstas polos tratados constitutivos, sen implicar una modificación formal de los tratados. Máis información: http://eur-lex.europa.eu/legal-content/PT/TXT/?uri=uriserv:ai0013

 

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies