AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra condena a vulneración dos dereitos que sofren os presos vascos gravemente enfermos

12 Xaneiro, 2017 AGEe, dereitos humanos, Etxerat, GUE/NGL, Lidia Senra, política penitenciaria, presos, presos galegos, presos vascos, Regras Mandela
  • A eurodeputada reúnese con membros de Etxerat e solidarízase coas familias que padecen a política arbitraria e vingativa do Estado español 
  • Lembra que tamén hai presos da Galiza aos que se lles aplica a dispersión penitenciaria e medidas de excepción e reclama a súa fin

 Lidia Senra co Grupo de Amizade co País Vasco

Bruxelas, 12 de xaneiro de 2017. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reuniuse nos últimos dous días no Parlamento Europeo, en Bruxelas, con membros da asociación Etxerat, e concretamente con familiares de presas e presos políticos vascos afectados por enfermidades graves. O colectivo acudiu á capital comunitaria para denunciar a vulneración de dereitos humanos e as medidas de excepción ás que son sometidas as e os encarcerados en prisións do Estado español e do francés, que ademais de padecer a política de dispersión penitenciaria pasan por todo tipo de atrancos á hora recibir unha atención médica adecuada. Lídia Senra, membro do Grupo de Amizade co País Vasco no Parlamento Europeo, considera “fundamental que se respecten os dereitos humanos de todas as presas e presos, tanto no Estado español coma no francés, e que se poña fin ás políticas de excepción que padecen tanto eles como as súas familias”.

A visita de Etxerat a Bruxelas tiña por obxectivo dar a coñecer a situación de 22 presos vascos que padecen enfermidades incurables e que cumpren condena en cárceres dos Estados español e francés. Os seus familiares denunciaron ante as eurodeputadas e eurodeputados “a política arbitraria e vingativa” á que se ven sometidos os seus parentes nos cárceres, entre as que nomearon todo tipo de dificultades para acceder aos seus médicos de confianza, tratamentos interrompidos por traslados de prisión en prisión ou a realización de probas médicas sen garantías de confidencialidade ou mesmo esposados, prácticas que vulneran tanto a lexislación española como a francesa, ademais de internacionais, como as Regras Mínimas das Nacións Unidas para o tratamento de reclusos, as chamadas “Regras de Mandela”, que inclúen a prohibición da tortura e de tratos crueis e degradantes e cuxa ultima revisión foi adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en decembro de 2015.

Esta vulneración dos dereitos fundamentais dos presos xa fora denunciada ante os membros do Parlamento Europeo na visita que o ano pasado fixeron ao País Vasco sete eurodeputadas e eurodeputados, entre elas Lídia Senra, e da que naceu, logo de diversos encontros coa contorna dos presos e presas, institucións, organizacións civís, persoal médico e avogadas e avogados das familias, o Informe sobre Dereitos Humanos das Persoas Presas Políticas Vascas,presentado en abril de 2016. Ademais das conclusións e recomendacións, este informe inclúe unha análise xurídica sobre aspectos como a dispersión, a acumulación de condenas e a relación que os Estados español e francés están a manter cos presos e presas políticas vascas gravemente enfermas.

Máis alá, a eurodeputada galega aproveitou a visita de Etxerat ao Parlamento Europeo esta semana para facer fincapé en que estas violacións de dereitos humanos non as padecen só as presas e presos vascos no Estado español. “Tamén hai presas e presos da Galiza e do resto do Estado ás que se lles aplican medidas de excepción, como a dispersión penitenciaria, o que supón que as súas familias e amizades teñan que percorrer longas distancia para poder visitalos nos cárceres que está fora do seu territorio, convertendo a medida de excepción nun castigo a maiores para elas”. 

Neste sentido, a europarlamentaria esixiulle ao Estado español que poña fin a este tipo de políticas en todos os casos, e tamén que remate coas situacións inhumanas que conleva o réxime FIES e os módulos de illamento das prisións. Senra lembra as preguntas por escrito que lle formulou no último ano á Comisión Europea, denunciando diferentes casos de persoas galegas dispersadas e tamén denunciando o réxime FIES, así como torturas e malos tratos acontecidos no propio penal de Teixeiro. A deputada de AGEe esixiulle ás autoridades comunitarias responsabilidade e pasos en firme para blindar que se cumpran os dereitos humanos en todas as prisións e con todas as persoas presas.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies