AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra acusa a Rosa Quintana de usar o Consello Galego de Pesca para facer campaña electoral

26 Agosto, 2016 AGEe, Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Consello Galego de Pesca, Lidia Senra, Rosa Quintana
  • A eurodeputada critica que a conselleira só convidara ao representante do PP, Gabriel Mato, a acudir á reunión do xoves pasado en Santiago 
  • A membro de AGEe considera que o normal é que estiveran todas as galegas con presenza na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo 

Santiago, 26 agosto 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), acusou este venres á conselleira do Mar, Rosa Quintana, de usar un organismo como é o Consello Galego de Pesca para “facer campaña electoral”. Senra reacciona así despois de coñecerse que este xoves tivo lugar unha reunión en Santiago de Compostela do citado ente, á que foi convidado o canario Gabriel Mato, coordinador do grupo popular na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo.

“Non nos parece mal que o señor Gabriel Mato, en calidade de ponente, veña a Galiza e coñeza de primeira man as propostas do Consello Galego de Pesca ante esta proposta da Comisión Europea de Regulamento de Medidas Técnicas para a conservación de recursos pesqueiros e protección de ecosistemas mariños que se está a debater no Parlamento Europeo e que é un texto que vai ter unha enorme importancia para as mariñeiras e mariñeiros galegos. O que si que nos parece mal é o tufo electoralista que ten esta visita”, explicou Lídia Senra. “A conselleira do Mar debe saber que o Sr. Mato é un deputado máis, que neste caso é o ponente na Comisión de Pesca para este documento, pero que que as propostas do Consello Galego de Pesca se inclúan neste informe non depende del, depende en primeira instancia do que decida en votación a Comisión de Pesca e en segunda instancia de que o pleno do Parlamento Europeo o aprobe”, engadiu.

A eurodeputada de AGEe lembrou que na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo ademais dela como galega están integrados os eurodeputados José Blanco e Francisco Millán Mon, polo que ao seu ver,  se este acto non tivera tintes electorais, o “normal” sería que a conselleira tentara que os eurodeputados e a eurodeputada galega foran tamén convidados a este  pleno do Consello Galego de Pesca a escoitar as propostas que este organismo quere que se inclúan no texto que se vai debater e votar primeiro na Comisión de Pesca e logo no Pleno do Parlamento Europeo e non só a Gabriel Mato, que é o coordinador do grupo popular.

“Estase usando o Consello Galego de Pesca para facer política partidaria en plena época de precampaña das eleccións galegas do 25 de setembro”, denunciou Lídia Senra. “E neste caso, a actitude partidista da conselleira é moi grave, porque estamos ante unha situación de codecisión (a Comisión Europea non pode aprobar este Regulamento novo sen o acordo do Parlamento Europeo) e se a Conselleira actuara en defensa dos intereses do conxunto do sector galego sería a primeira interesada en traballar coa eurodeputada e cos dous eurodeputados galegos para buscar esa posición común”, denunciou Lídia Senra.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra visitando a Enseada de San Simon II_2304x1728

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

28 Marzo, 2019
Cordier-Senra&teams_290119

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

29 Xaneiro, 2019
EmendasUE-MarrocosPesca031218

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

3 Decembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies