AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra acusa á CE de ser “cómplice” coa Xunta no informe “farsa” de impacto do vertedoiro de Lousame

10 Xaneiro, 2017 AGEe, Comisión Europea, GUE/NGL, impacto ambiental, Lidia Senra, lixo, Lousame, residuos, saúde, vertedoiro
  • Denuncia que a Comisión Europea e a Xunta non están a ser serias e rigorosas na súa responsabilidade de velar pola saúde da poboación 
  • A eurodeputada critica que o organismo comunitario fai a vista gorda ante o procedemento cheo de eivas da Administración galega 

Santiago,10 xaneiro 2017.  Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), considera que a Comisión Europea (CE), “en lugar de exercer a súa responsabilidade e velar pola saúde da poboación e pola protección do medio ambiente”, está a actuar “como unha verdadeira cómplice do mal facer do goberno da Xunta de Galiza, unha vez que tanto o ente comunitario como o galego están a ser controlados polas mesmas forzas políticas neoliberais”. Senra reacciona así despois de coñecer hoxe mesmo a “aberrante contestación por escrito” que a CE dá á pregunta que lle formulara a mediados do pasado outubro sobre a ausencia de informe de risco para a saúde humana e impacto sobre a poboación e medidas correctoras do proxecto de macrovertedoiro de residuos de Lousame.

Senra cualifica de “vergoñento” que a CE diga que, “unha vez consultada a situación coa Xunta de Galiza”, está en condicións de asegurar que “o procedemento se axusta aos requisitos establecidos na Directiva 2011/92/UE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente”. “Dicir iso é non ser nin serias nin rigorosas; esta resposta pon de manifesto como o impacto de avaliación ambiental é tomado como un mero trámite para lavarse a cara, tentando enganar a unha sociedade cada vez máis preocupada polo impacto ambiental do actual modelo de desenvolvemento”, afirma a eurodeputada.

E é que a citada Directiva, no seu artigo 3, recolle que “a avaliación do impacto ambiental identificará, describirá e avaliará de forma apropiada, en función de cada caso particular, os efectos directos e indirectos dun proxecto nos seguintes factores: a) o ser humano, a fauna e a flora; b) o chan, a auga, o aire, o clima e a paisaxe; c) os bens materiais e o patrimonio cultural; d) a interacción entre os factores contemplados nas letras a), b) e c)”. Non obstante, tal e como denunciou Lídia Senra no pasado outubro ante a CE, a realidade é que a Consellería de Medio Ambiente da Xunta lle reclamou no pasado mes de agosto á Consellería de Sanidade que elaborase un informe sobre o posible risco para a saúde humana do proxecto de vertedoiro de Lousame e os impactos sobre a poboación e medidas correctoras para a súa protección. Aproximadamente un mes despois, a finais de setembro, a Consellería de Sanidade emitiu un informe de escasamente media folla, no que obvia totalmente o solicitado e se limita a recoller que a auga de abastecemento das instalacións empresariais do macrovertedoiro deberá ser apta para o consumo humano e que a auga quente dos baños dos vestiarios do persoal deberá cumprir os criterios hixiénico-sanitarios.

“Iso non é un informe sobre a repercusión que pode ter para a saúde da poboación de Lousame o macrovertedoiro con capacidade para 770.000 toneladas de residuos industriais e perigosos que pretenden instalar na aldea do Mirón”. “Dicir que as duchas dos traballadores e traballadores das futuras instalacións terán auga quente non é avaliar como pode afectar á saúde das persoas que viven na comarca e que van padecer directamente vertidos, cheiros e demais, como sempre pasa nestes macrovertedoiros”, defende Lídia Senra. “Chegado este punto, entendo como proxectos que a todas luces van contra o medio ambiente e contra as propias persoas saen adiante sen problema. Non pode ser que quen nos goberna peche a vista e prefira deixar a nosa terra en mans do capitalismo antes que protexer a saúde das persoas”, zanxou a eurodeputada, para asegurar que, malia esta situación, seguirá loitando e dando a batalla para denunciar este caso e moitos outros similares.  “Volveremos insistir na pregunta até que o Comisario Sr. Vella responda ao que realmente lle preguntamos”, anunciou a europarlamentaria galega.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies