AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Escrito de Luisa Lores e Carmen Mosqueira sobre a polémica xerada pola xornada ‘Mulleres e saúde’ vetada polo Concello de Vigo

18 Decembro, 2018 cancro de mama, carmen mosqueira, luisa lores, mamografias, mulleres, sanidade pública, saúde, vacina VPH

Carmen Mosqueira e Luisa Lores_2500x2500

Con respecto á polémica desatada pola xornada “Mulleres e Saúde”, vetada polo Concello de Vigo, consideramos:

-Necesítase unha frase e uns segundos para convencer á poboación de que se poña unha vacina ou se faga unha mamografía, e moito máis tempo para explicar por que non deberían xeralizarse estas recomendacións até que se comprobe de forma fiable que os beneficios superan amplamente aos prexuízos ocasionados, especialmente se non se trata de curar a unha persoa enferma senón de actuar sobre unha persoa sa.

-Que non somos un colectivo antivacinas, senón profesionais críticas con algunhas decisións que consideramos insuficientemente fundamentadas, e que xa foron desestimadas, vencendo os problemas políticos e a enorme presión dos lobbies, en países solventes como Suíza (suspensión do Cribado de Mama) e Xapón (retirada da vacina do Virus do Papiloma Humano (VPH) do calendario vacinal).

–Que o cribado de cancro de mama está cuestionado, xa que por unha banda comporta unha taxa significativa de sobrediagnóstico, co tratamento innecesario de mulleres que nunca desenvolverían cancro; e por outra, a supervivencia é similar entre as mulleres cribadas e as non cribadas. Publicacións recentes en prestixiosas revistas recomendan modificar o programa para cancro de mama, centrando a mamografía únicamente en mulleres con alto risco.

-Que 10.000 profesionais en España, incluíndo a máis da metade dos catedráticos de saúde pública, asinaron un manifesto para frear a inclusión da vacina do VPH no calendario vacinal, esixindo unha moratoria polas dúbidas existentes sobre o custo-beneficio e porque ninguén puido comprobar que realmente preveña o cancro de colo de útero.

–Que as farmacéuticas que fabrican as vacinas aprobadas para o VPH non son de fiar, xa que foron condenadas polos tribunais, na década pasada, por falsear conscientemente a información sobre os seus fármacos, ocultando os graves efectos adversos que provocaban, resultando en miles de afectados e de mortes a nivel mundial, como foi o caso do antiinflamatorio Vioxx e o antidiabético Avandia.

-Que segundo o “Informe semestral da vacina do VPH do Ministerio de Sanidade”, no 1º semestre de 2018 foron notificados 76 casos de nenas con sospeita de reaccións adversas á vacina, das cales 33 foron clasificadas como graves (por esixir a hospitalización da paciente ou a prolongación da hospitalización xa existente, ocasionar unha discapacidade o invalidez significativa ou persistente, ou por poder poñer en perigo a súa vida ou ocasionar a morte). Debido a estas graves consecuencias, pedimos estudios clínico-epidemiolóxicos que investiguen esas sospeitas e a seguridade da vacina.

-Que asociacións profesionais que toman decisións sobre as vacinas están financiadas pola industria alimentaria e farmacéutica, incluíndo ás empresas que comercializan a vacina do VPH, polo que as súas decisións poden non ser totalmente obxectivas e poderían estar influídas por intereses económicos.

-Que entendemos a preocupación da industria farmacéutica e dos profesionais influenciados por ela, no momento no que se pretende ampliar a vacinación aos nenos e a poboación adulta, o que suporá un xigantesco negocio.

-Que os “consentimentos informados” en ambas actuacións sanitarias son incompletos, a pesar de que provocan efectos secundarios que poden ser graves, o que incumpre a “Lei de Autonomía do Paciente”.

-Consideramos que na Medicina, como na vida, case nada é incuestionable, e que as recomendacións deben basearse na investigación pública e independente, no debate e na información completa e transparente.

-Que igualmente, é fundamental practicar a ética periodística, dando unha información veraz e contrastada, limpa de intereses económicos e presións de calquera tipo. Sirva de exemplo o Consorcio Internacional de Periodistas de Investigación.

-Que as mulleres somos maiores de idade e temos dereito a debater sobre calquera tema, especialmente sobre os temas de saúde que nos preocupan e nos afectan, para dispoñer de información científica independente, que nos permita tomar as nosas propias decisións.

-Consideramos que o veto á nosa reunión foi profundamente autoritario e antidemocrático.

Seguiremos debatendo

Carmen Mosqueira – Médica-Epidemióloga. Especialista en Saúde Pública.

Luisa Lores – Radióloga- Máster en Xestión e Economía da Saúde. 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies