AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Presentación do libro ‘O futuro das pensións’, este xoves en Lugo e o venres en Cangas

19 Decembro, 2018 canga, dereitos sociais, Lidia Senra, Lugo, modepen, pensións, seguridade social, victoria portas, xabier perez davila, xubilación

Cartel presentacion libro pensions en Lugo 201218 Cartel presentacion libro prensions en Cangas 211218

  • Lídia Senra comeza esta semana os actos públicos de reparto da publicación editada en colaboración con MODEPEN e a Coordinadora Estatal

  • A eurodeputada anima á mocidade a unirse á loita polas pensións públicas e dignas para evitar que se eliminen as conquistas sociais dos traballadores/as

Santiago, 19 de decembro de 2018. A eurodeputada galega Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), comeza esta semana os actos públicos de presentación do libro ‘O futuro das pensións. Galiza, Estado español e Europa’1, que a levarán a visitar nos próximos meses diferentes localidades galegas. Concretamente, este xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no local de Lugonovo (Ronda da Muralla, 164), e este venres, 21 de decembro, ás 19:00 horas, no Salón de Pleno de Cangas (Rúa de Castelao, s/n), celebraranse as primeiras presentacións, nas que tamén intervirán, ademais da propia Lídia, a portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, Victoria Portas, e o economista, escritor e membro do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN), Xabier Pérez Davila.

A europarlamentaria anima a asistir aos actos de presentación a todas aquelas persoas interesadas en defender o dereito a ter unha vida digna. “A loita pola defensa dos sistemas públicos de pensións e por unhas pensións dignas non é unha loita que afecte só ás persoas maiores. Debe involucrarse nela toda a sociedade e tamén a xente nova, pois estamos a falar do presente e do futuro, de que as persoas non se vexan obrigadas a ter que instalarse na pobreza unha vez que se xubilan e rematan a súa vida laboral”, defende Lídia Senra.

A eurodeputada considera que “non podemos consentir que se aniquilen as conquistas sociais que foron froito da loita da clase traballadora. Falo de conquistas acadadas a base de moito esforzo e sacrificio persoal; falo de loitas que supuxeron represión, persecución, cárcere e mesmo a morte para moitas persoas e que posibilitaron que hoxe moitas e moitos de nós poidamos desfrutar deses dereitos. Por iso, non podemos permitir a volta atrás, debémosllelo a quen loitou antes que nós, e a nós mesmas e ás xeracións vindeiras. A defensa a día de hoxe dos sistemas públicos de pensións e dunhas pensións dignas ten que ser irrenunciable”.

Nos actos de presentación do libro, repartirase gratuitamente a edición impresa do mesmo a todas aquelas persoas que a queiran. A maiores dos actos desta semana en Lugo e en Cangas, ao longo dos meses de xaneiro e febreiro tamén está previsto que teñan lugar actos de presentación do libro en Pontevedra, Vigo, A Coruña, A Estrada ou Ferrol. No libro recóllense textos dunha quincena de expertos e expertas en seguridade social, materia laboral e xubilación e pensións de diferentes partes do Estado español e doutros países da UE, que participaron no pasado mes de setembro nunha xornada organizada pola propia Lídia Senra en Santiago de Compostela sobre esta cuestión2.

_________________________-

1A versión dixital do libro pódese consultar aquí:

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Programa-da-Xornada-Mulleres-e-Saude-15-de-decembro-en-Vigo.pdf

2 Aquí información sobre a xornada que tivo lugar en setembro:

https://lidiasenra.gal/alianza-europea-desde-galiza-na-defensa-dos-sistemas-de-reparto-que-financian-as-pensions-publicas/

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies