AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Batería de medidas para unha PAC que sitúe ao campesiñado e á Natureza no centro

21 Novembro, 2018
  • Prezos remuneradores, medidas de acción positiva para as labregas, anticipar axudas á incorporación da mocidade, eliminar dereitos históricos
  • Senra presentará emendas para asegurar que a figura de “agricultor/a xenunino/a” corresponda inequivocamente ao campesiñadoBruxelas, 21 de Novembro de 2018. Na sesión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo celebrada esta mañá abordáronse varios informes relativos a distintos aspectos da Política Agraria Común (PAC) a implementar a partir do 2021 [Orde do Día]. A eurodeputada galega Lídia Senra, coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) nesta comisión, tomou a palabra no punto adicado ao establecemento de normas en relación á axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común financiada a cargo do Fondo Europeo de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEDER),  presentando unha batería de medidas para situar o campesiñado e a Natureza no centro da nova política agroalimentaria europea a implementar a partir do 2021. “Nós reiteramos que as políticas agroalimentarias europeas deberían ser repensadas no seu conxunto. Se queremos resultados distintos aos actuais, debemos implementar un novo modelo de Política Agraria Común”.

    Apelando a unha mellor distribución dos orzamentos públicos, Senra destacou que a garantía de prezos que cubran os custos de produción e remuneren o traballo labrego ten que estar no núcleo da nova PAC. “O campesiñado non quere ser un sector subvencionado, quere vivir con dignidade da venda dos seus produtos, os alimentos”.

    Outra modificación da actual aplicación orzamentaria da PAC debería abordar a cuestión da incorporación da mocidade á actividade agraria. “Estamos a falar do futuro da produción da alimentación na UE, pero tamén do futuro do medio rural europeo. As axudas á incorporación teñen que concederse de xeito anticipado, non poden seguir adicándose de xeito moi importante a pagar os xuros bancarios, como está a pasar actualmente.”

    A eurodeputada galega tamén subliñou na intervención desta mañá a súa aposta pola eliminación dos dereitos históricos e o establecemento de topes para as axudas que sexan máis baixos que a proposta actual, máis claros e de cumprimento obrigado. “Propoñemos un sistema de topes organizado en 3 categorías: alta montaña, zonas desfavorecidas e resto de zonas.”

     Ademais, abondou, a nova PAC debería establecer mecanismos fortes para garantir que as axudas só son concedidas a explotacións que están desenvolvendo modelos produtivos que claramente están orientados a preservar o medio ambiente e a loitar contra o quecemento global. “Todo o que estea fóra de aí non debería recibir axudas públicas da PAC”, aseverou Senra.  “O que queremos é unha verdadeira redistribución das axudas, de tal xeito que as perciban só as labregas e labregos. Neste sentido imos presentar emendas para aportar unha definición de “agricultor/a xenuíno/a” que realmente se axuste ao campesiñado.”

 

 

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/Senra_211118_ComAGRI_PAC.mp4

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Senra_ArquivoXan18_Ibr

A nova PAC reverdeceu o seu vocabulario para disimular a continuidade das políticas agroindustriais que están a destruír o medio rural europeo

2 Abril, 2019
180320_FEMM CSW SE_MEP SENRA speaks-R

A lexislación sobre a reutilización da auga ten que ser unha ferramenta de protección deste ben universal

4 Decembro, 2018
ComAGRI_121118

Senra reitera que o consentimento do pobo saharauí nun tratado comercial só pode ser transmitido a través da FP

13 Novembro, 2018

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xuño 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies