AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra esixe á UE a inmediata aplicación da Declaración dos dereitos labregos aprobada pola ONU

22 Novembro, 2018

 

  • O movemento labrego mundial La Vía Campesina vén loitando pola aprobación desta Declaración dende o ano 2001
  • A eurodeputada galega pregúntase que hai detrás da abstención maioritaria dos países da UE na votación da ONU o pasado luns

Bruxelas, 22 de Novembro de 2018. Con 119 votos a favor, 7 votos en contra e 49 abstencións [listaxe completa de votos], a Terceira Comisión (Social, Humanitaria e Cultural) da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) aprobou este luns 19 de novembro a Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Labregos e Doutras Persoas que Traballan nas Zonas Rurais. Este documento, que terá que ser ratificado en decembro, toma como base a Declaración dos Dereitos das Labregas e Labregos do movemento social labrego mundial La Vía Campesina (LVC), do cal o Sindicato Labrego Galego forma parte na Galiza.

A Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo levou a cabo onte un intercambio de opinións sobre a aprobación desta Declaración e sobre os desafíos mundiais que afectan aos dereitos humanos no sector da agricultura. Malia a que a comparecencia tiña lugar no marco da semana que o Parlamento Europeo está a adicar precisamente á conmemoración do 70 aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Declaración dos dereitos do campesiñado e outra persoas que habitan no medio rural foi desprazada até o último lugar da axenda de traballo, limitándose o tempo para o seu tratamento e debate. “Paréceme lamentábel que para unha vez que se aborda nesta comisión unha cuestión relacionada cos dereitos das labregas e labregos deixemos o último minuto e non poidamos ter un debate tranquilo”, criticou Lídia Senra.

Na súa intervención, a coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo felicitou o traballo levado adiante polo movemento labrego mundial La Vía Campesina dende o ano 2001 e as súas organizacións aliadas: “A aprobación desta Declaración é un feito realmente importante para todo o planeta”.

Votos_251118_DecDDLL-screen
Resultado da votación da Declaración dos dereitos do campesiñado e outra persoas que habitan no medio rural

Sen embargo, salientou, “resulta moi chamativo que toda a UE, agás dous votos a favor e tres en contra, se abstivera na votación. A que se debeu que se acordara este voto?”, cuestionou á representante do Servizo Exterior da UE, convidada como poñente para informar sobre este tema. “Este é un instrumento fundamental para pór os dereitos humanos e os dereitos das labregas e labregos por riba dos intereses, cada vez máis fortes, e das agresións, cada vez maiores, do capital financeiro e das transnacionais, que non só están a acaparar as terras e os mercados, se non tamén os recursos naturais en sentido amplo. O labrego é o único modelo agroalimentario que realmente permite facer fronte aos grandes retos enerxéticos e climáticos tanto a nivel europeo como mundial”.

 Ademais, segundo teñen denunciado tanto LVC como outras organizacións sociais, a día de hoxe a posta marcha de acordos comerciais que lexitiman a imposición del modelo económico neoliberal, como os que impulsa a UE, son unha das causas do significativo aumento da violencia e a vulneración de dereitos nas zonas rurais, que afecta ademais de xeito diferenciado s mulleres que viven nestas áreas. “Agardamos que tanto os Estados membro como a UE no seu conxunto rectifiquen, e que asuman e implementen este texto inmediatamente. En decembro terán a oportunidade de ratificalo, e sería intolerábel que a Unión Europea, que tantas veces pretende erixirse en defensora dos dereitos humanos, non secundase  esta Declaración”, exhortou Senra.

 

https://lidiasenra.gal/wp-content/uploads/2018/11/ComAGRI_DDLL_Senra221118.mp4

anterior seguinte

Artigos relacionados

446709249_478627

Lídia Senra, Victoria Portas e Xabier P. Davila presentan o venres en Pontevedra o libro ‘O futuro das pensións’

14 Febreiro, 2019
images

Malia á aprobación do acordo UE-Singapur, a loita contra os privilexios lexislativos das multinacionais continúa

13 Febreiro, 2019
Plenary session - MFF and own resources post-2020

Rexeitamos unha xestión de fondos europeos que segue relegando a segundo plano ás persoas e ó medioambiente

13 Febreiro, 2019

Últimas novas

  • 446709249_478627
    Lídia Senra, Victoria Portas e Xabier P. Davila presentan o venres en Pontevedra o libro ‘O futuro das pensións’ 14 Febreiro, 2019
  • images
    Malia á aprobación do acordo UE-Singapur, a loita contra os privilexios lexislativos das multinacionais continúa 13 Febreiro, 2019
  • Plenary session - MFF and own resources post-2020
    Rexeitamos unha xestión de fondos europeos que segue relegando a segundo plano ás persoas e ó medioambiente 13 Febreiro, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura benestar animal bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural emerxencia social estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo patrimonio pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural SLG soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Febreiro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies