- Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi
- AGEe interpela á CE sobre o feito de que, malia a situación de violencia, a UE finaciou a Turquía para reter á poboación refuxiada
Bruxelas, 13 Xaneiro 2016. O pasado 5 de xaneiro a policía do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan torturou e asasinou a tres mulleres feministas e activistas kurdas. As víctimas foron Seve Demir, integrante do Parlamento polo Partido das Rexións Democráticas (DBP) e promotora do lanzamento da IV Caravana Internacional Feminista da Marcha Mundial das Mulleres dende o Kurdistán; Pakize Nayır, pertencente á Asamblea do Pobo de Silopi e Fatma Uyar, activista do Congreso das Mulleres.
Estes asasinatos tiveron lugar na rexión de Silopi -provincia de Sirnak, no norte do Kurdistán-, baixo toque de queda dende decembro, debido á intensificación da ofensiva militar de Erdoğan sobre as rexións kurdas dende que perdeu a maioría en xullo de 2015 debido á entrada do Partido Democrático do Pobo (HDP) no Parlamento. Erdoğan ten decretado o estado de emerxencia até en 54 ocasións en 18 cidades e distritos.
Con estes crimes o Goberno turco pretende intimidar ao conxunto da poboación kurda, e moi concretamente á mocidade, que se mantén na vangarda da resistenza contra o rexime violento de Erdoğan.
Fronte a esta situación, rexistramos unha pregunta dirixida á Comisión Europea na que a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, solicitou saber que accións pensa tomar a Comisión Europea para “esixir ao Goberno turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do pobo kurdo”.
Asemade, á vista da grave situación de violencia incentivada polo propio Goberno en Turquía, preguntamos á Comisión se considera razoábel ter entregado o pasado mes de novembro 3.200 millóns de Euros ao Goberno Erdoğan para que reteña no seu territorio a milleiros de personas que, precisamente, están fuxindo da guerra. Tamén queremos saber se a Comisión conta con mecanismos para garantir que parte deste financiamento non está a ser empregado también para atacar a la población kurda.
Senra chamou ademais a atención sobre as responsabilidade da Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Federica Moguerini, a quen instou a “reaccionar xa” para que o Goberno turco poña fin á masacre da poboación kurda e ao toque de queda. “Non podemos consentir que a Unión Europea siga apoiando a dictadura do Goberno turco”, aseverou.