AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“A UE pretende legalizar a ocupación do Sáhara occidental a través de acordos económicos con Marrocos”

9 Outubro, 2018

 

  • As Comisións de Agricultura e de Pesca do Parlamento abordaron hoxe os acordos comerciais suspendidos xudicialmente por incluír ao Sáhara
  • Lídia Senra alerta de que a UE pretende xustificar novos acordos ca realización dunha consulta que só tomou en conta ao Goberno alauí

Bruxelas, 09 de Outubro de 2018. O 10 de decembro de 2015 unha sentenza histórica do Tribunal de Xustiza da UE anulou o tratado de libre comercio da UE con Marrocos por violar os dereitos do pobo saharauí. Nela o  TXUE especificaba que o Sáhara Occidental non forma parte de Marrocos, polo que se a UE permite a importación de produtos obtidos dun terceiro país violando os dereitos fundamentais -é dicir, un territorio baixo ocupación- estaría incentivando indirectamente esas violacións de dereitos. A principios do 2018, unha nova sentenza do TXUE estableceu que o Acordo de Pesca asinado en 2006 entre a Unión Europea e Marrocos non é aplicable ao Sáhara Occidental.

Ante este pinchazo da arquitectura legal na que se arroupan as súas relacións comerciais, a Unión Europea está manobrando para poder presentar novos acordos económicos a través dos cales aproveitarse dos recursos naturais do pobo saharauí sen renunciar a ter como socio a unha potencia ocupante, como é o Reino de Marrocos.

No marco deste contexto, e ao fío dos movementos que se veñen dando nos últimos meses de cara a tentar pechar estes acordos antes de que finalice a lexislatura, as relacións comerciais entre a UE e Marrocos foron abordadas hoxe por partida dobre no Parlamento Europeo: na sesión da mañá da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural -onde o representante da Comisión Europea xustificou o avance das negociación en base á realización dunha suposta consulta á poboación, sen entrar en máis detalles-  e na sesión de tarde da Comisión de Pesca.

Lídia Senra, coordinadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e membro suplente na de Pesca -e que en outubro de 2017 formou parte da delegación de eurodeputadas/os expulsados do Sáhara Occidental ocupado-, tomou a palabra en ámbalas dúas comisións para amosar a súa fonda crítica co proceder do ente comunitario.

 “No ano 2015 unha sentencia xudicial anulou o acordo comercial UE-Marrocos. No 2016 un novo fallo delimitou que os produtos do Sáhara Occidental deberían quedar fóra salvo consentimento explícito do pobo saharauí. Agora a UE pretende retorcer esta condición argumentando a realización dunha suposta consulta. Pero “consulta” non significa “consentimento”, ao igual que consultar á “poboación” non significa consultar ao “pobo” saharaui. O consentimento teríao que dar en todo caso o pobo saharaui a través do seu lexítimo representante recoñecido internacionalmente, é dicir, a Fronte Polisaria”.

 Na sesión de tarde da Comisión de Pesca a eurodeputada Lídia Senra preguntou directamente sobre este aspecto ao representante da Fronte Polisaria, quen respostou que esa consulta realizouse “con Marrocos e o entorno do Goberno de Marrocos (…) A Comisión ignorou á Fronte Polisaria (…) e falan de poboación, non do pobo saharaui”, polo tanto non consultou ao lexítimo representante do pobo saharaui, nin respectou os marcos estipulados polas sentenzas do TXUE.

 Ante esta realidade a eurodeputada galega cualifica de “chapuza” a consulta realizada pola UE para pretender dotar de validez un acordo ilegal segundo o dereito internacional. Esta posición foi reafirmada por 89 organizacións e a propia Fronte Polisaria, que no mes de febreiro deste ano fixeron pública unha carta na que desmontan a versión da Comisión Europea afirmando que “ao 83% dos grupos que, segundo a Comisión da UE, participaron nunha ‘consulta’ relacionada co comercio do Sahara Occidental nunca se lles pediu participar, ou non participaron, en ningún proceso de consulta”.

Senra tamén criticou o cinismo retorcido do que fai gala a UE cando argumenta que non comercializar con produtos saharauis -vía explotación destes recursos controlada podo Goberno de Marrocos- supón unha perda económica para o pobo saharaui. “Como beneficia o acordo de pesca ás máis de 173.000 saharauis refuxiadas e refuxiados nos campos de Tindouf que dependen das axudas internacionais? Estes milleiros de persoas foron consultadas?”

Fronte ás manobras do Goberno de Marrocos e da UE para eludir cumprir as sentenzas do TXUE, a eurodeputada galega pide á UE que cese na súa actitude parcial e que respecte escrupulosamente o Artigo 73 da Carta da Organización das Nacións Unidas sobre os Territorios Non Autónomos, como é neste caso o Sáhara Occidental ocupado por Marrocos. Insta ademais ás potencias europeas a “adoptar dunha vez por todas unha posición coherente cos valores que di defender, respectando as sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE e facer todo o posíbel para que a ONU e a comunidade internacional en sentido amplo se comprometa a cumplir ca realización do referendo de autodeterminación”.

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies