AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“A UE e a Xunta deseñan políticas para pór todos os recursos do pobo nas mans das multinacionais”

6 Febreiro, 2016 Comisión Europea, emerxencia social, liberalización, liberalización comercial, libre mercado, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, OMC, Organización Mundial do Comercio, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade, xunta de galicia

 

  • Lídia Senra e Juan Manuel Fajardo reúnense en Ferrol co sector marisqueiro da comarca, preocupado pola futura Lei de Acuicultura
  • Os deputados de AGE en Bruxelas e no Parlamento Galego advirten de que é mentira que se parase a polémica normativa, como dixo Feijóo

 

Compostela, 6 febreiro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), participou este sábado pola mañá en Ferrol, xunto ao portavoz de AGE en materia pesqueira no Parlamento Galego, Juan Manuel Fajardo, nun encontro co sector marisqueiro da comarca onde advertiron de que as leis que se están a impulsar tanto desde Europa como desde os gobernos de Galiza e o Estado español son para, en palabras da eurodeputada, “colocar a riqueza en mans de cada vez menos persoas”.

Na xuntanza, celebrada nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol, participaron máis de medio cento de mariscadoras e mariscadores, e entre os asistentes tamén estivo presente o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. Durante a charla, Lídia Senra expuxo a importancia que teñen para ela este tipo de encontros, co fin de “escoitar as propostas” de cada sector para despois poder desenvolver o seu traballo no Parlamento Europeo e levar a esa institución as demandas dos distintos colectivos.

“A UE está traballando única e exclusivamente para poñer todos os recursos na man das multinacionais, e dá igual que falemos do agro, do mar, da educación ou a ensinanza. Todos os regulamentos que se están modificando a nivel europeo e todas as novas leis que está impulsando o neoliberalismo van neste sentido, no de concentrar a riqueza cada vez en menos mans”, alertou. Para a eurodeputada, “estamos ante un avance moi importante da política neoliberal que quere facerse con todo o que nos queda á clase traballadora e ás clases populares e, ante iso, é fundamental que o pobo estea informado para poder frear esas medidas”.

Senra fixo un repaso polas accións levadas a cabo por AGEe no que vai de lexislatura no Parlamento Europeo en relación cos asuntos pesqueiros e  marisqueiros, incidindo en preguntas presentadas ao respecto da brutal contaminación das rías galegas, da necesidade de facer máis estudos sobre a biotoxina, a falta de axudas para a xente do mar que non pode traballar cando se realizan peches, a defensa da pesca artesanal, etc. “En Europa discútense a diario temas moi importantes que afectan de xeito directo á poboación galega”.

Neste sentido, alertou de que nestes momentos se esta discutindo sobre e a chamada Economía Azul e a gobernanza dos océanos. Un marco de traballo no que a Comisión Europea chegou a afirmar que o papel da pesca é “pequeno e subordinado ás moitas actividades que se poden realizar nos océanos, entre elas a obtencion de enerxia e a minería en alta mar”. “Están falando de que nun futuro se lle daría prioridade a proxectos de obtención de enerxía nos océanos, infraestruturas para o que levaría á instalación de máis parques eólicos mariños e outras iniciativas que afectarán e moito á nosa costa, á pesca e ó marisqueo, cun altísimo impacto ambiental negativo e un gran coste social”, dixo.

A eurodeputada de AGE relacionou tamén as decisións que se toman en Bruxelas coas que se toman tamén no Goberno da Xunta e no do Estado Español. “A Lei de Acuicultura galega vai no mesmo sentido do TTIP, posibilitar que todo recaia en mans de grandes empresas multinacionais”, exclamou. Fronte a iso, afirmou que a única solución é “a organización e mobilización do sector para frear leis como esa. Nós, as deputadas e deputados, podemos levar adiante as propostas do sector aos Parlamentos, podemos seguir dando a batalla e facendo encontros coa xente para que se saiba o que se está discutindo nas institucións, pero a solución pasa pola mobilización”, animou.

Pola súa banda, Juan Manuel Fajardo fixo un repaso polas numerosas “agresións” que ten sufrido o sector pesqueiro nos últimos anos e asegurou que isto “non é casual”, senón que é “unha  estratexia do PP para que a xente que sempre traballou do mar en Galiza abandone o espazo que a Xunta quere entregarlle ás multinacionais”.

Fajardo alertou de que non é certo que a Xunta botase para atrás a Lei de Acuicultura, como deu a entender Alberto Núñez Feijóo, senón que o que fixo foi “pausala para gañar tempo ante a grande contestación en contra que está a ter por parte do sector”. “Pretenden calmar as augas e dentro dun tempo convencer a algunha xente do sector e tirar para adiante”, dixo, tras denunciar que hai quince días o Executivo galego aprobou unha partida de 900.000 euros para publicidade en medios de comunicación defendendo este modelo de pesca. “Desde a Consellería minten e enganan”, incidiu.

O deputado de AGE explicou que a Lei de Acuicultura permitirá que as multinacionais poidan explotar o conxunto das nosas rías. “Queren mudar o modelo de explotación tradicional por outro industrial”, dixo, e cuestións como que a instalación de proxectos acuícolas nas rías terá carácter supramunicipal é un exemplo. “Estamos ante a tormenta perfecta”, afirmou. A Lei de Acuicultura tamén suporá que nas nosas rías se poidan introducir especies carnívoras foráneas, modificadas xeneticamente. “Se traen salmón transxénico e os mexilóns van filtrar esas augas, despois deses mexilóns farán fariña para darlle de comer ao salmón, será unha roda. Alguén analizou o que pode supoñer?”, preguntouse. Con esta lei, a “acuicultura industrial será prioritaria alí onde se instale, e estableceranse áreas de exclusión e nelas os mariñeiros nin poderán mariscar nin achegarse”, dixo.

No encontro foron varias as persoas que tomaron a palabra para denunciar, entre outras cuestións, que “a conselleira de Pesca está intentando dividir ás confrarías” ante a Lei de Acuicultura.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies