AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

“Na pesca, ao igual que na agricultura, cómpre alianzas en base á defensa dun modelo sustentábel”

9 Febreiro, 2016 acordos comerciais, AGEe, bruxelas, Comisión Europea, contaminación, crise de dereitos, dereitos humanos, liberalización, Lidia Senra, mariñeiros, marisqueo, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, soberanía alimentaria, sustentabilidade, UE-Guinea Bissau

 

  • Lídia Senra forma parte dunha delegación da Comisión de Pesca do PE que estará traballando en Guiné Bissau ao longo desta semana
  • Xuntanzas con sociedade civil, mulleres pescadoras e representantes da pesca artesanal combinaranse ca axenda institucional en Bissau

 

Bruxelas, 09 Febreiro 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, atópase xa en Guiné Bissau, onde integrará dende mañá mércores unha delegación europarlamentaria impulsada pola Comisión de Pesca do Parlamento Europeo -na que Senra é representante suplente para o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)– neste Estado da África occidental.

Xunto a eurodeputadas/os portugueses e do Estado español, Senra manterá mañá un encontro a primeira hora co presidente da Assembleia Nacional Popular (ANP), Cipriano Cassamá, á que seguirá unha xuntanza de traballo co Xefe da Delegación da Unión Europea en Bissau, Víctor Madeira dos Santos. A axenda institucional para mañá completarase con entrevistas co Secretario de Estado para a Pesca e a Economía Marítima, Ildefonso Barros; o Secretario de Estado de Transportes e Comunicacións, João Bernardo Vieira e o Primeiro Ministro de Guiné, Carlos Correia.

Nesta primeira xornada está programada dende as 11:00 e até as 13.00hrs. un encontro con representantes da sociedade civil.

Na segunda xornada de traballo en Bissau a delegación parlamentaria achegarase a coñecer directamente a situación do sector pesqueiro desenvolvendo durante a mañá do xoves un plan de traballo no Porto de Bissau, onde acudirán ao Instituto Marítimo -institución responsábel do rexistro de barcos, infraestruturas portuarias e seguridade marítima-, ao Centro de Busca e Salvamento e manterán unha xuntanza con asociacións de armadores, mariñeiros e traballadores portuarios.

A tarde comezará ca visita á Secretaría de Estado das Pescas, onde coñecerán o Centro de Vixilancia da Pesca (FISCAP), a Dirección Xeral da Pesca Industrial -organismo encargado de emitir as licencias de pesca-, e o laboratorio de investigación científica onde se realizan os controis da Certificación de Calidade do Peixe. Coñecerán tamén instalacións onde se procede ao conxelado do produto e visitarán proxectos co-financiados pola Unión Europea.

Posteriormente desprazaranse ao porto de pesca do Alto Bandim, onde se practica a pesca artesanal. Alí manterán unha xuntanza cunha asociación de mulleres pescadoras.

Para a eurodeputada de AGE, titular tamén para o GUE/NGL na Asamblea Paritaria África-Caribe- Pacífico (ACP-UE), esta delegación supón “unha importante oportunidade para coñecer de primeira man a situación de países africanos con forte presenza da pesca artesanal”, mais tamén para “escoitar directamente das persoas afectadas como impactan no territorio africano as políticas comerciais europeas“, xa que o caladoiro de Bissau é un dos explotados polo sector pesqueiro da UE[1]. Senra reivindicou que “temos que ter claro que na pesca, ao igual que na agricultura, debemos estar unidas e unidos en base á defensa dun modelo produtivo sustentábel“, respectuoso cas persoas e ca Natureza, “que cómpre defender por riba de todo para poder facer fronte a ameazas que xa están enriba de nós, como a denominada Economía Azul que pretenden desenvolver a Comisión Europea e o Banco Mundial, o acaparamento mundial de océanos, ou a ofensiva de políticas que queren regalar os recursos naturais á explotación empresarial, como pretende Feijoo ca Lei de Acuicultura na Galiza“.

O vindeiro 17 de febreiro as catro eurodeputadas/os integrantes desta delegación parlamentaria exporán as súas conclusións na sesión da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo [ORDE DO DÍA].

 

[1] Máis información sobre acordo pesqueiro UE-Guiné Bissau: http://www.eeas.europa.eu/delegations/guinea_bissau/press_corner/all_news/news/2015/20151130_pt.htm

Intervención de Lídia Senra en sesión plenaria ao respeito do acordo de pesca UE-Guiné Bissau (11/02/2016): https://www.youtube.com/watch?v=hQzyWeFDNOQ

 

Imaxe principal: Coerencia.pt

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Xullo 2025
M T W T F S S
« Mai    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies