AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

A lexislación sobre a reutilización da auga ten que ser unha ferramenta de protección deste ben universal

4 Decembro, 2018

 

  • Senra insta á CE a elaborar un novo Regulamento que garanta que todo o ciclo da auga sexa xestionado e controlado por organismos públicos
  • Advirte á UE de que garantir unha boa calidade da auga implica coordenar políticas que aposten por modelos productivos ecolóxicos

Bruxelas, 4 de Decembro de 2018. A Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo vén de aprobar un  Proxecto de Opinión de la Comisión de Agricultura y Desarrollo Rural que acompañará a Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo aos requisitos mínimos para a reutilización da auga.

A petición de Lídia Senra, coordenadora do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) en dita Comisión, dentro das súas 38 emendas foi votada unha na que solicitaba que a Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria -competente para o fondo-, propuxera rexeitar esta proposta de Regulamento da CE.  A emenda non foi aprobada, “voltaremos presentala de cara ás votacións en sesión plenaria a principios do 2019”, asegurou a eurodeputada galega.

“A Comisión Europea debería retirar esta proposta e elaborar un novo Regulamento que desenvolva sistemas públicos para o tratamento e a rexeneración das augas residuais. A alimentación e o acceso universal á auga son dereitos humanos. Non poden ser obxecto de negocio nin especulación”, reivindicou Senra. “Hai toda unha batería de medidas que urxe pór en marcha para optimizar a xestión das augas, sempre tendo como eixo central a consideración de que a auga é un ben universal e que, polo tanto, ningún aspecto relacionado ca mesma debería ser derivado a empresas privadas.”

Consecuentemente, a eurodeputada galega instaba na súa emenda á totalidade a que a Unión Europea apostase por “apoiar sistemas públicos comunitarios nos pequenos núcleos rurais, así como conceder máis medidas de apoio para a construción de sistemas de recollida das augas da choiva para a súa reutilización posterior para o rego”.

Ademais, non se pode perder de vista que a reutilización implica coidar todos os pasos do ciclo da auga, polo que é fundamental que se garanta a calidade da auga das depuradoras, a fin de evitar verquidos contaminantes nos ríos e rías. “A reutilización por si mesma non vai evitar que se sega contaminando a auga. De feito, como ben sabemos na Galiza, os actuais sistemas de depuración non sempre garanten un tratamento axeitado das augas e provocan efectos negativos tamén nas rías e en actividades como a pesca ou o marisqueo.”

Neste senso, explica Senra, “a Comisión Europea ten que ser consciente da interrelación das súas propias políticas. Non pode pretender facer unha carta de bos desexos sobre a calidade da auga se non está paralelamente atallando prácticas contaminantes que están a repercutir de xeito gravísimo, poñendo mesmo en risco a saúde da poboación, como denunciamos a pasada semana ante a Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea con respecto á situación de saturación por puríns do conglomerado Coren na Limia”.

A calidade da auga non pode depender unicamente da súa depuración a través de procesos químicos -sabemos que a tecnoloxía de por si non è capaz de dar resposta a todas as contaminacións-, senón que ten que comezar corrixindo aquelas prácticas que precisamente inciden no seu deterioro. Esta estratexia non só repercutiría positivamente nas augas, senón tamén na biodiversidade da súa contorna. “Estamos neste momento negociando a nova PAC. Se tanto lle preocupa á CE a calidade da auga, ademais de elaborar un regulamento orientado a dar pautas ás entidades que se encarguen de depuralas, por pura coherencia debería lexislar para pór fin ás concentracións de animais na cría intensiva e priorizar a cría en extensivo. É dicir, apostar por modelos ecolóxicos de produción de alimentos que realmente coiden os ecosistemas no seu conxunto”.

Esta liña de actuación implicaría, enumera Senra, “prohibir as fumigacións, realizar controis exhaustivos do uso de pesticidas, herbicidas e da dispersión de puríns, que a día de hoxe estanse facendo en todo tipo de canles de auga; prohibir a forestación con especies que provocan a seca de mananciais, como o eucalipto; e prohibir o emprego dos  lodos de depuradora na agricultura, que xa teñen dado probas da súa perigosidade, como por exemplo a intoxicación por ácido sulfúrico sufrida por unha familia en Vilalba no mes de outubro ”.

“Non somos contrarias á reutilización da auga”, aclara,  “pero pensamos que, tal e como acontece cos lodos de depuradoras, a privatización do tratamento das augas residuais e a súa reutilización na agricultura o que vai provocar é unha maior contaminación da terra e dos alimentos con metais pesados, antibióticos e todo tipo de residuos procedentes de actividades industriais, hospitais, etc… Só para seguir escondendo na terra e no medio rural os residuos xerados por un modelo de desenvolvemento insostíbel e que, en forma de alimentos ou de escorrentías, volverán ao noso organismo”.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies