AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

O MARCO de Vigo acolle o 15 de decembro unha xornada aberta sobre Mulleres e Saúde

5 Decembro, 2018 alicia capilla, carmiña mosqueira, elena gil rodriguez, GUE/NGL, iria pinheiro, Lidia Senra, María Luisa Lores, mulleres, o parto e noso, papiloma humano, sanidade, saúde, Vigo, violencia obstetrica

pezaparaweb-01-01-01

  • O evento abordará o tratamento médico das mulleres, a vacina do papiloma humano e a violencia obstétrica a través de varios coloquios ao longo do día 
  • Lídia Senra reclama poñer fin á discriminación de xénero no campo médico e da investigación e visibilizar e denunciar estas situacións 

Vigo, 05 de decembro de 2018. O Salón de Actos do Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo acollerá o 15 de decembro unha xornada aberta a todas as persoas interesadas para abordar o tratamento médico das mulleres, a violencia que se dá neste eido, e a discriminación de xénero no campo médico e da investigación. Baixo o título “Mulleres e Saúde”, a xornada, organizada pola eurodeputada galega Lídia Senra, reunirá na cidade olívica a expertas na materia, que protagonizarán varios coloquios e debates durante todo o día.

Senra anima a todas as mulleres a acudir á cita (a entrada será libre até completar o aforo) ante a necesidade de sacar á luz e debater sobre como nos trata o sistema sanitario ás mulleres e denunciar todas aquelas eivas e abusos que se poidan estar cometendo. “A diario vemos como as necesidades das mulleres no campo da investigación non son tidas en consideración, e mesmo como as doenzas que nos afectan contan con menor investimento que as tradicionalmente masculinas e como moitas veces non son tratadas axeitadamente ou son ignoradas”, denuncia a eurodeputada, que tamén ve fundamental poñer os intereses das persoas por riba dos das grandes multinacionais farmacéuticas para garantir a saúde sempre. 

O evento comezará ás 11:00 horas, coa apertura do mesmo a cargo da propia Lídia Senra. A continuación desenvolverase un coloquio titulado “O tratamento médico das mulleres” no que participará a presidenta da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, María Luisa Lores, que ten estudada a medicalización e a calidade de vida das mulleres galegas; e Carmiña Mosqueira, que traballou como epidemióloga da Consellería de Sanidade de Asturias e actualmente está xubilada e ten estudado o cribado de cancro de mama por mamografía. A médica Inés López encargarase de moderar o debate.

A partir das 13:00 horas, está previsto que se desenvolva unha charla de Alicia Capilla, presidenta da Asociación de Afectadas pola Vacina do Papilima Humano (AAVP), para explicar as consecuencias que ten tido esta vacina e o traballo que está a desenvolver este colectivo. A activista da Marcha Mundial das Mulleres María Montenegro, encargarase de presentala e moderar o debate.

Xa pola tarde, será a quenda para tratar, a partir das 17:00 horas, sobre “A violencia obstétrica, unha realidade que hai que sacar á luz para tecer sororidade”. No coloquio estarán Elena Gil Rodríguez, experta na situación actual de atención ao embarazo, parto e saúde das mulleres, co-coordinadora galega de O Parto é Noso e responsable do grupo de Vigo; e Iria Pinheiro, nai, actriz e protagonista de ‘Anatomía dunha serea’ de Chévere Berberecheira. A xinecóloga Isabel Blanco será a moderadora.

flyerA5-01

flyerA5-02

anterior seguinte

Artigos relacionados

446709249_478627

Lídia Senra, Victoria Portas e Xabier P. Davila presentan o venres en Pontevedra o libro ‘O futuro das pensións’

14 Febreiro, 2019
Plenary session - Minimum requirements for water reuse

A reutilización de augas no actual modelo industrial é un risco para as persoas e o medioambiente

12 Febreiro, 2019
Cartel presentacion libro pensions na Coruña

Lídia Senra e Xabier Pérez Davila presentan este venres na Coruña o libro sobre ‘O futuro das pensións’

31 Xaneiro, 2019

Últimas novas

  • 446709249_478627
    Lídia Senra, Victoria Portas e Xabier P. Davila presentan o venres en Pontevedra o libro ‘O futuro das pensións’ 14 Febreiro, 2019
  • images
    Malia á aprobación do acordo UE-Singapur, a loita contra os privilexios lexislativos das multinacionais continúa 13 Febreiro, 2019
  • Plenary session - MFF and own resources post-2020
    Rexeitamos unha xestión de fondos europeos que segue relegando a segundo plano ás persoas e ó medioambiente 13 Febreiro, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura benestar animal bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural emerxencia social estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo patrimonio pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural SLG soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Febreiro 2019
M T W T F S S
« Xan    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies