AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra reivindica en Castroverde o dereito do pobo galego a alimentarse a si mesmo

27 Febreiro, 2016 acordos comerciais, agricultura, economía rural, emerxencia social, estafa bancaria, estafa financieira, leite, liberalización, liberalización comercial, liberalización sector lácteo, libre mercado, Lidia Senra, marisqueo, OMC, Organización Mundial do Comercio, PAC, pesca, pesca artesanal, políticas públicas, SLG, soberanía alimentaria, sustentabilidade, transxénicos

 

castroverde2016-02-27_18-43-15

  • “Os tratados de libre comercio só favorecen ás grandes empresas e provocan a desaparición das pequenas e medianas explotacións”, dixo
  • A eurodeputada ofreceu este sábado no Centro Social A Chave das Noces unha charla sobre alternativas para a supervivencia do agro

 Lugo, 27 febreiro 2016. Lídia Senra ofreceu este sábado pola tarde unha charla no Centro Social A Chave das Noces, no Antigo Camiño Ancho de Castroverde (Lugo), baixo o título “A soberanía alimentaria: plantexamentos alternativos para a supervivencia do agro”, dentro das xornadas “Febreiro, Fervedeiro”.

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) defendeu o dereito dos pobos a alimentarse a si mesmos fronte ás políticas de libre comercio e de apertura de fronteiras e mercados que está impulsando a Unión Europea para favorecer os intereses das grandes multinacionais, algo que, explicou, “deixa fora do xogo ás pequenas e  medianas explotacións agrarias e á pesca artesanal e o marisqueo, levándoas á súa desaparición”.

Senra apostou por impulsar unha política na que se recuperen as parroquias, as aldeas, na que se diversifiquen as producións fronte ao monocultivo e na que cada país teña o dereito a producir os seus propios alimentos básicos. “Falar de soberanía alimentaria é falar de moito máis que de alimentarse, é tamén poder reanimar o rural e a costa e na medida en que se recuperen os sectores produtivos básicos, o agro e a pesca, imos ser capaces de xerar máis postos de traballo no país, a soberanía alimentaria tería consecuencias positivas en todo o tecido social galego”, reivindicou. “No contexto de crise actual, recuperar os sectores produtivos básicos sería unha fonte de emprego moi importante e de desenvolvemento do país en base a nós e ás nosas necesidades”.

Lídia Senra reiterou que “facer a compra hoxe en día é un acto político dunha magnitude enorme”. Así, chamou a exercer a capacidade de decidir e valorar a parte do orzamento familiar que se quere dedicar á alimentación e a apostar polos mercados locais e os produtos producidos na contorna próxima a onde van ser consumidos, fronte á competencia da globalización e das grandes áreas comerciais, un dos, cualificou, “grandes logros dos poderes económicos e políticos neoliberais”.

A eurodeputada de AGEe criticou o contexto europeo actual, que impulsa acordos de libre comercio coa única intención de eliminar os mecanismos de protección existentes para favorecer o negocio agro-exportador que fai circular masivamente ao redor do planeta alimentos que se poderían conseguir en circuítos curtos.

Senra tamén aproveitou para atacar as últimas reformas europeas, que permiten que se poidan etiquetar os produtos transformados sen poñer o país de orixe da carne ou do peixe, dándose a situación de que a día de hoxe se están vendendo como galegas conservas de mexillón que non é galego, por exemplo. “En Europa estase intentando ir a unhas políticas onde as grandes empresas teñan á súa disposición toda unha normativa que lles permita facer todo o que lles interesa”, asegurou a eurodeputada galega.

“Levan anos dicíndonos que hai que modernizarse, que hai que redimensionar as explotacións leiteiras, véndennos a moto de que hai que abrir os mercados para exportar, pero o que pasa é que na mesma medida en que se abre a fronteira para exportar, ábrese tamén para importar e os pequenos produtores quedan fora de todo ese xogo porque non teñen capacidade para competir no mercado global”, zanxou. Porén, Lídia Senra animou a dar a batalla aínda que sexa difícil. “A única opción que nos queda é dar a batalla, se non a damos, o futuro das xeracións de xente que ven detrás vai ser moi difícil”, concluíu.

 

 

 

 

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies