AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

SOS Panadeira: “Se non paramos esta desfeita, pode converterse na primeira praia privatizada de Europa”

24 Febreiro, 2016 AGEe, Comisión Europea, contaminación, emerxencia social, Lidia Senra, loita de clases, políticas públicas, privatización, sustentabilidade
240216_XuntanzaSOSpanadeira2
Xuntanza con representantes de SOS Panadeira no Parlamento Europeo (Bruxelas)

 

  • Catro representantes de SOS Panadeira (Sanxenxo) denunciaron no Parlamento Europeo a desfeita provocada polo Real Club Náutico
  • Hoxe dirixíronse á Comisión Europea a través dunha pregunta parlamentaria rexistrada por Alternativa Galega de Esquerda

Bruxelas, 24 Febreiro 2016. Na tarde de hoxe catro representantes do colectivo SOS Panadeira acudiron ao Parlamento Europeo (PE) convidadas por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) para trasladar a situación que está a vivir a veciñanza de Sanxenxo en loita pola defensa das praias urbanas de A Iriña e A Panadeira.

Ditos areais están fortemente afectados polas ampliacións da entidade privada Real Club Náutico (RCN) de Sanxenxo, vinculada ao empresario Pedro Campos Calvo Sotelo, e ameazan con secuestrar para o desfrute privado estas dúas praias urbanas de grande valor ecolóxico e social. “Se non conseguimos parar isto, é moi posíbel que A Iriña-Panadeira teña a desgraza de se converter na primeira praia privatizada de Europa”, alertan dende SOS Panadeira, unha exacerbación da privatización dos bens comúns que, lamentabelmente, é xa habitual noutras latitudes.

O colectivo veciñal SOS Panadeira leva anos denunciando o emprego de fondos públicos para financiar a ampliación dun negocio privado, o Real Club Náutico de Sanxenxo, a costa do deterioro irreversíbel de bens de carácter público e interese social, co consiguiente perxuício para as demais persoas.

E é que o trasfondo da batalla desigual entre o RCN e a veciñanza de Sanxenxo “é poliédrica”, trasladaron á eurodeputada de AGEe Lídia Senra na tarde de hoxe, “o impacto negativo sería tanto a nivel ambiental, como económico, social… até chegarmos á loita de fondo: que un ben común como son estas praias non sexan acaparadas para o ocio de círculos exclusivos e podan seguir sendo desfrutadas por toda a cidadanía”.

Froito da xuntanza mantida ca eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), rexistroute hoxe mesmo unha pregunta parlamentaria[1] para poñer en coñecemento da Comisión Europea esta situación.

Asemade, “habida conta das múltiples e diversas consecuencias que están a ter as obras de ampliación realizadas polo RCN, hoxe establecemos as pautas para elaborarmos tamén unha batería de preguntas que iremos remitindo á Comisión Europea a fin de dotala dun coñecemento completo e exhaustivo desta problemática e coñecer a súa valoración”, explicou Senra.

De xeito complementario, SOS Panadeira acordou proceder ao rexistro desta denuncia a través da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, para o que contará co seguimento de AGEe no Parlamento Europeo durante todo o procedemento.

Xunto a SOS Panadeira, o propio Concello de Sanxenxo, o Colexio Oficial de Biólogos e mesmo a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor amosaron a súa oposición a este proxecto que, ademais, incumple o Plan de Utilización de Espazos Portuarios de Sanxenxo e o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia e, por se fora pouco, foi construído sen previa declaración de impacto medioambiental.

 

[1] Adxunta.

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia Senra no banco mais fedento do mundo con vistas ao vertedoiro de sogama

Lídia Senra: “Na Galiza urxe un modelo de xestión de residuos público 100%, descentralizado e baseado na redución, reciclaxe, reutilización e protección do medio ”

14 Maio, 2019
Comprobando o estado da contorna da Lanzada_2656x1494

Lídia Senra denuncia ante a CE a invasión de especies exóticas na Lanzada e as obras que danan as dunas

12 Abril, 2019
VdMRXGtM

Lídia Senra reclama na CE solucións para que unha muller poida acceder sen barreiras á súa casa en Abadín

9 Abril, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies