AGE en Europa
  • Inicio
  • Actualidade
  • Xornadas
  • Publicacións
  • Videos
  • Contacto
  • Inicio
  • /
  • ACTUALIDADE
  • /

Lídia Senra preséntalle o seu programa electoral europeo aos operadores dos mercados de Ferrol e ao colectivo pensionista da cidade

20 Maio, 2019 comercio local, compromiso por europea, eleccions europeas, En Marea, Ferrol, Lidia Senra, marea de ferrol, tratados internacionais de libre comercio

photo5987603638543036277

  • A eurodeputada e candidata estivo esta tarde no local da Marea de Ferrol, onde apostou por impulsar os mercados locais fronte aos acordos internacionais de libre comercio
  • Comprométese a seguir traballando nos próximos 5 anos no Parlamento Europeo para frear o TTiP, TiSa, CETA e demais tratados contrarios aos dereitos dos pobos

Ferrol, 20 de maio de 2019. A eurodeputada Lídia Senra, candidata de En Mareas:Compromiso por Europa ás eleccións europeas do 26 de maio, estivo este luns pola tarde en Ferrol, no local da Marea de Ferrol, acompañada por membros da candidatura municipal, onde mantivo dúas reunións: Unha primeira con operadores dos tres mercados da cidade (A Magadalena, Caranza e Recimil) e unha segunda con membros do Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN).

En declaracións aos medios, Lídia Senra aproveitou para facer un chamamento ao voto para este domingo e cualificou de moi importantes as eleccións europeas, xa que o 80% das decisións políticas que afectan directamente ás persoas tómanse na UE. “Todo o mundo sabe que o 26 de maio hai eleccións municipais, pero moita non sabe que as hai tamén ao Parlamento Europeo”, dixo Senra, que chamou a facer un esfozo para que todo o mundo saiba destes comicios.

A europarlamentaria e candidata defendeu que para o mercado local sería bo un maior impulso da comercialización do produto local e de proximidade. Neste sentido, explicou as principais liñas do seu programa electoral1 e defendeu como prioritario loitar por unha UE na que se priorice o comercio e os mercados locais e de proximidade fronte aos acordos internacionais de libre comercio. “Nós reclamamos neste mandato alto e claro a paralización do TTIP, do TISA, do CET, etc, e o noso compromiso e seguir pelexando neste sentido durante os próximos 5 anos”, dixo.

Tamén se comprometeu a seguir loitando duramente, igual que fixo neste mandato, na defensa dos sistemas públicos de pensións e das pensións dignas para que ningunha persoa entre na pobreza unha vez que chega ao remate da súa vida laboral.

_______________

1O programa electoral completo da candidatura En Marea:Compromiso por Europa, que encabeza Lídia Senra, está accesible aquí:

https://lidiasenra.gal/aqui-o-noso-programa-electoral-para-unha-europa-dos-pobos/

photo5987603638543036278 photo5987603638543036279 photo5987603638543036281

anterior seguinte

Artigos relacionados

Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra

Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito

26 Maio, 2019
Lidia Senra comprando no mercado de teo

Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei”

25 Maio, 2019
Vista xeral_2592x1460

Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade

24 Maio, 2019

Últimas novas

  • Lidia votando hoxe en San Miguel de Sarandon, Vedra
    Lídia Senra votou ás 10:30 no seu colexio electoral en Vedra, e anima a participar nunhas Europeas nas que todas as persoas nos xogamos moito 26 Maio, 2019
  • Lidia Senra comprando no mercado de teo
    Lídia Senra acude ao Mercado do Alimento Labrego na xornada de reflexión electoral para apoiar o comercio local, que é “con quen sempre estiven e estarei” 25 Maio, 2019
  • Vista xeral_2592x1460
    Lídia Senra pide o voto para seguir defendendo outros 5 anos os salarios dignos, o medio ambiente e a igualdade 24 Maio, 2019

Etiquetas

acordos comerciais actividades AGEe agricultura bruxelas Comisión Europea comité de emerxencia da Ría de Ferrol compromiso por europa contaminación crise agrícola europea crise de dereitos dereito a decidir dereitos humanos economía rural eleccions europeas emerxencia social En Marea estafa bancaria estafa financieira feminismo GUE/NGL leite liberalización liberalización comercial liberalización sector lácteo libre mercado Lidia Senra marisqueo mariñeiros mulleres OMC Organización Mundial do Comercio PAC Parlamento Europeo pensións pesca pesca artesanal pleno políticas públicas rural soberanía alimentaria sustentabilidade transxénicos UE Unión Europea

Calendario

Maio 2025
M T W T F S S
« Mai    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  
Aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para dar unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa política de cookies, faga clic na ligazón para obter máis información. .

ACEPTAR
Aviso de cookies